A educación en STEAM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas) promove un traballo colaborativo entre o alumnado, ademais de proporcionar unha aprendizaxe empírica das disciplinas. Destacamos os beneficios de combinar estas materias e cales son algunhas das aplicacións segundo o nivel educativo.
STEAM son as siglas que identifican as disciplinas Science, Technology, Engineering, Art e Mathematics, é dicir, ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas. Tradicionalmente, o foco deses ámbitos científicos e tecnolóxicos centrábanse no STEM, aínda que desde hai uns anos atopamos a tendencia de incorporar a arte para xerar innovación e creatividade aos procesos.