Recursos Educativos

  1. Recursos Educativos
  2. Recursos dixitais
  3. Imaxes e videos
3 marzo 2021

Que é o Visual Thinking e como aplicalo na aula

Grazas ao Visual Thinking é posible presentar o contido de estudo dunha forma visual, atractiva e simplificada a través de mapas visuais ou debuxos, o que aumenta o interese e a atención do alumnado. Ademais, esta técnica é compatible con calquera metodoloxía.

11 xaneiro 2021

Ferramentas para gravar clases en vídeo

Coa educación mixta ou a distancia que xa é unha realidade en moitos centros educativos pola pandemia, o profesorado viuse obrigado a utilizar multitude de ferramentas dixitais para impartir as súas clases en liña dun xeito atractivo e práctico, adaptado aos diferentes niveis educativos do alumnado.

26 novembro 2019

Contido audiovisual na aula: usos e oportunidades

Os recursos audiovisuais teñen un gran potencial dentro da contorna educativa: levan implícito un alto grao de atracción e interese para os estudantes que garanten o seu éxito. De feito, o seu uso non se limita ao ‘tradicional’ visionado de películas, documentais ou curtos, senón que estes contidos poden empregarse con obxectivos pedagóxicos para analizar a linguaxe audiovisual, xerar debate ou profundar en determinados temas curriculares.

2 xuño 2017

10 ideas para aproveitar Instagram como oportunidade educativa

Entre as TIC encontramos os medios sociais, onde Facebook, YouTube, Twitter e Instagram, son os máis utilizados polos españois de 14 a 17 anos, segundo o VI Estudio Anual de Redes Sociales de IAB Spain. De feito, xa o 60% dos adolescentes usa Instagram en España e é a súa terceira rede social preferida.

15 maio 2017

Canva, comunicación gráfica e deseño

Canva proporciona a profesores e estudantes unha nova e sinxela forma de deseñar. Con máis de 1 millón de recursos gráficos: fotos, iconos, ilustracións e deseños de todo tipo, permite adaptar gráficamente calquera traballo, presentación ou proxecto. En definitiva, é unha ferramenta que ensina a comunicar mellor a través da creación gráfica.

19 xuño 2014

Carteis e murais

En 1916, durante unha batalla da I Guerra Mundial, un novo soldado de apenas 19 anos foi ferido gravemente o peito. As feridas afectáronlle os pulmóns e a súa actividade física quedou moi limitada e mesmo falar producíalle un gran cansazo. Catro anos máis tarde, e cando aínda as secuelas das súas feridas limitaban a súa capacidade para impartir clases maxistrais, obtivo unha praza de mestre e foi destinado a unha pequena aldea dos Alpes. Para poder superar as súas limitacións físicas e debido á influencia da pedagoxía da Escola Nova, comezou a deseñar unha serie de técnicas pedagóxicas nas que daba o protagonismo ao alumnado.

4 xuño 2014

A infografía

Christoph Scheiner era un astrónomo alemán que ao redor de 1611 descubriu que o Sol tiña unha serie de manchas, o cal poñía en dúbida a súa perfección. Como este tipo de opinións non eran fáciles de defender na súa época tardou un tempo en facer públicos os seus descubrimento, o que o levou a manter unha controversia con Galileo Galilei sobre quen dos dous foi o primeiro en observar estas manchas solares. En 1626 publica Rosa Ursina onde mostra nunha serie de gráficos os movementos das manchas solares así como parte dos instrumentos que empregara para a súa observación. Estes gráficos son considerados a primeira infografía da historia.

30 maio 2014

Imaxes nos contidos educativos

Dende que en 1658 aparece o Orbis sensualium pictus de Comenio ata practicamente a metade do século XIX, o libro de texto non sufrirá cambios significativos, pero a mecanización do proceso de impresión e os avances tecnolóxicos que permiten a reprodución de ilustracións e fotografías supón unha transformación radical.

23 maio 2014

Unha imaxe ou mil palabras

É moi probable que a primeira idea que che veña á mente se escoitas a palabra Comenius, sexa o programa europeo dirixido aos centros de educación non universitaria para realizar intercambios e proxectos conxuntos entre escolas de diferentes países. Pero o certo é que o nome de Camenius ou Jan Amos Komenský  é o nome dun pedagogo checo, en honra do cal se bautizou este programa. Comenius, entre outras das súas achegas á educación, destaca por escribir en 1658 o libro Orbis pictus, que se considera o primeiro libro ilustrado para a infancia.