O seu uso fomenta a colaboración entre docentes e alumnado así como a creación de materiais interactivos que poden aplicarse na aula para complementar o temario das materias. Creada por Microsoft e de uso gratuíto, permite organizar, compartir e almacenar todo tipo de contido educativo de forma interactiva.
Almacenar e organizar son as principais calidades que achega Wakelet, unha plataforma dixital de curación de contidos deseñada para educadores que permite gardar imaxes, ligazóns, tuits ou podcasts nun espazo único. Unha vez recolleitos, estes recursos pódense organizar e estruturar dunha forma interactiva en ‘ Wakes’, coleccións que despois poden compartirse co alumnado.
Para comezar a utilizar este programa é necesario rexistrarse e, desta maneira, acceder ao escritorio no que o usuario poderá comezar a crear todas as súas coleccións. Visualizando o titorial presente neste artigo, os docentes aprenderán paso a paso como utilizar Wakelet. E, a partir de aí, poderán empezar a aproveitar as súas múltiples funcións.
Creación de coleccións
Grazas a elas é posible aglutinar contidos dunha temática determinada e compartilos co alumnado. Conta cunha foto destacada que describe a temática, un título para facilitar a súa identificación e unha pequena descrición na que explicar todo o que o docente crea necesario.
Outra forma de aula virtual
Esta plataforma de Microsoft tamén pode utilizarse como unha especie de aula virtual na que subir todos os contidos que complementarán as clases da aula. Dispón de varios formatos á hora de organizar a información, para adaptala ás necesidades dos proxectos: newsletter, plan de clases, investigación ou lista de lectura son algunhas delas.
Gardar miles de ‘favoritos’
Una das grandes vantaxes que achega Wakelet é a posibilidade de gardar en favoritos todo tipo de contido multimedia: desde a última novidade educativa descuberta a través dun ‘tweet’, un interesante podcast para complementar os contidos curriculares das materias ata un vídeo de Youtube.
Extensión de Chrome y versión app
Para facilitar máis o seu uso, dispón dunha cómoda extensión de Google Chrome e cunha versión app para os nosos dispositivos móbiles. A función principal de ambas as opcións é a de recompilar información segundo se vaia atopando. Grazas ao seu app os profesores poderán gardar no seu móbil e cun só clic todo o contido que descubran, por exemplo, nas redes sociais.
Creacións colaborativas
A través delas tanto docentes como alumnado teñen a opción de traballar de maneira conxunta nos proxectos que se propoñan. Para iso só hai que ‘convidar’ a través de correo electrónico ou ligazón ás persoas que se desexen.
Ademais, a súa función de ‘ Wakelet Spaces’ (localizada no menú da esquerda da pantalla) achega a posibilidade de decidir que compartir, con quen e como. Nestes espazos os invitados poderán engadir as súas propias coleccións fomentando aínda máis o carácter colaborativo.
Aquí tes un tutorial sobre como usar Wakelet e cales son as súas principais funcións.
Agardamos que vos guste!