Segundo a Asociación Española de Videojuegos (AEVI), o 49% dos 15,9 millóns de xogadores que hai en España ten entre seis e dezaoito anos. Unha idade que comprende todo o período educativo de primaria e secundaria. Só por isto merece a pena consideralos como unha opción. Sen dúbida, hai perigos no abuso da tecnoloxía (como ocorre con case todo realmente), pero se se fai un uso responsable deles, poden ser unha ferramenta moi interesante na aula.
Debemos ter en conta que de cando en cando daremos cunha ferramenta máis motivadora para os alumnos de calquera idade.
En que poden axudar os videoxogos aos estudantes?
O alumno deixa de ser un actor pasivo (como cando ve a televisión) e adopta un rol activo.
Desenvolven as súas habilidades viso motriz e os seus reflexos.
Poñen a traballar o pensamento creativo, o analítico e a análise causal.
En moitos casos mellora a autoestima ao poder superar pequenos retos.
Pode fomentar o traballo colaborativo.
E que poden facer pola dinámica das clases?
Dinamiza a educación: Poden axudar a que a aprendizaxe sexa un xogo divertido e emocionante. Isto fai que os alumnos asimilen e reteñan os contidos máis facilmente.
Non será a forma de estudo principal, pero si pode ser un reforzo ou unha ampliación curricular moi interesante.
Facilita a práctica: Permiten aplicar os coñecementos adquiridos e levalos a casos concretos, a desafíos que obriguen a relacionar materias e coñecementos.
A lista de videoxogos que poden achegar ás nosas materias pode ser infinita, pero botemos unha ollada aos máis utilizados hoxe en día no ámbito educativo
Historia e Ciencias Sociais:
Civilization: Este xogo de estratexia ten unha gran ambientación histórica. O xogador debe conquistar territorios seguindo os parámetros da época seleccionada
Discover Babylon: Un videoxogo pensado para ampliar o coñecemento sobre a Antiga Mesopotamia. O xogador enfróntase a unha serie de retos e debe superalos demostrando o seu coñecemento sobre a civilización.
Ancestors, historia de Atapuerca: Os estudantes de secundaria poderán mergullarse na Prehistoria a través deste xogo para móbiles. Deberán organizar a vida dun clan típico desta época.
Europa Universalis IV: O alumno creará e dirixirá a súa propia nación desde o Renacemento ata a Revolución francesa. É unha simulación do inicio do mundo moderno.
Estratexia e contido multidisciplinar
Monument Valley: O xogador debe manipular arquitecturas e xeometrías imposibles. É un xogo para móbiles.
¿En qué lugar de Google Earth está Carmen Sandiego?
Un clásico que se utiliza nas clases de xeografía e de cultura xeral. O reto é atopar a esta heroína mediante investigacións, estudo de pistas... Dispoñible en PC e móbil.
No man’s sky: Un clásico que utiliza en clases de xeografía e de cultura xeral. O reto é atopar a esta heroína mediante investigacións, estudo de pistas... Dispoñible en PC e móbil.
Minecraft Education Edition: Un dos videoxogos máis utilizados en educación. Permite a elaboración de proxectos colaborativos moi motivadores para os nenos e profundar en materias mediante un pensamento creativo.
Sim City: Os famosos Sims viven agora nunha cidade que expón retos moi interesantes aos estudantes. Este xogo de simulación poñerá encima da mesa problemas de xestión da cidade.
El misterioso viaje de Layton: Katrielle y la conspiración de los millonarios: Todo un clásico entre os nenos de primaria. O profesor Layton propón retos que se fían como nunha novela de detectives. É necesario colaborar para superar cada proba.
Ciencias
Flippy’s Tesla: Inventemos el futuro: Un xogo de realidade virtual impulsado por Javier Santaolalla. Está pensado para incentivar a curiosidade dos adolescentes e nenos en materias científicas como física, matemáticas ou química.
Proyecto Kokori: Unha opción interesante para facer que vos alumnos se convertan en investigadores. Deberán manexar un nano robot e introducirse nas células. Adáptase a distintos niveis.
My Green Energy Planet: Promove a educación ambiental a través dun mundo virtual que os estudantes teñen que coidar para conseguir un equilibrio ambiental e social. É gratuíto.
Empires of the Undergrowth: narrado coma se fose un documental, o xogador é o encargado de xestionar os recursos do seu formigueiro. O obxectivo é achegarse ao mundo dos insectos o máximo posible.
Sociais e educación en valores
Global conflicts: Un exemplo dos coñecidos como seriusgames. Un xogo de rol para os máis maiores que os levará a mergullarse nalgún conflito da actualidade.
Food Force: É un videoxogo educativo promovido polo Programa Mundial de Alimentos as Nacións Unidas en 2005. Desde entón sumou millóns de descargas. Pensado para nenos entre 9 e 14 anos.
Blood Typing: Desenvolto pola Academia Sueca, pretende formar en ciencias da saúde, pero, sobre todo, transmitir a importancia das transfusións de sangue. É gratuíto.
Extreme Event: Fomenta o traballo colaborativo e trata os grandes desastres naturais desde un punto de vista solidario.