É moi probable que a primeira idea que che veña á mente se escoitas a palabra Comenius, sexa o programa europeo dirixido aos centros de educación non universitaria para realizar intercambios e proxectos conxuntos entre escolas de diferentes países. Pero o certo é que o nome de Camenius ou Jan Amos Komenský é o nome dun pedagogo checo, en honra do cal se bautizou este programa. Comenius, entre outras das súas achegas á educación, destaca por escribir en 1658 o libro Orbis pictus, que se considera o primeiro libro ilustrado para a infancia.

Desde ese afastado momento no século XVII ata a actualidade, as imaxes incorporáronse de tal maneira nos contidos educativos que se podería dicir que xa ocupan un lugar predominante.
Nun estudo, do recentemente falecido William Glasser, sinalábase que as persoas lembran moito peor a información cando a len que cando a ven e que a información que se tarda máis en esquecer é a que se percibe de maneira combinada por diferentes vías. Por este motivo, cando se elaboran contidos educativos, débese procurar incorporar non só información por medio de textos que o alumnado deberá ler, senón tamén a través imaxes, gráficos, mapas e ilustracións que axuden a comprender mellor a información e permitan que esa información sexa lembrada durante máis tempo e máis fielmente.
Pero incluír imaxes dentro dos contidos educativos non só axuda a que se lembren mellor eses contidos, tamén pode ter outras utilidades:
Habitualmente exponse a educación visual do alumnado como un contido específico dunha materia, pero se as ilustracións poden cumprir todas as funcións que se acaban de sinalar, será necesario analizar o contido visual dos recursos que se empregan en todas as materias e non só nas específicas de educación plástica e visual.
Esta análise dos contidos visuais debería realizarse tanto nos recursos que son adquiridos como nos que son elaborados polo propio profesorado.