Recursos Educativos

  1. Recursos Educativos
  2. Recursos dixitais

Unha ferramenta para dar difusión aos teus proxectos educativos

Unha páxina web é un dos mellores soportes para dar difusión aos teus proxectos educativos, o traballo dos teus alumnos na aula ou compartir con outros docentes os teus propios materiais educativos.

Permíteche categorizar o contido en seccións, non como os blogues que cho ordenan de forma cronolóxica, e permite ademais unha personalización total do deseño. Neste artigo ímonos centrar en Wix, pola sinxeleza de uso e pola elevada personalización que ofrece.  

Qué é?

Wix é unha plataforma gratuíta para a creación de sitios web. Axúdanos a crear páxinas web de aparencia profesional a custo cero e sen coñecementos de programación. É unha gran ferramenta para dar visibilidade na WWW a proxectos educativos do alumnado que non requiran dunha orientación ou aparencia corporativa.

Non se requiren coñecementos técnicos porque se basea en bloques que podes " arrastar", soltar e editar partindo dunha incrible biblioteca de plantillas, pero tamén podes crear a túa web desde cero se te animas...

Ademais, para obter recursos gráficos -imaxes, gráficos ou vectores- podes utilizar outra ferramenta chamada Canva, que che axudará a vestir a túa páxina web. 

Aplicación

A continuación deixámosvos tres videotutoriais nos que poderedes ver en profundidade como se usa esta ferramenta. 

Neste primeiro tutorial aprenderás os primeiros pasos necesarios; rexistro e acceso, selección da plantilla que mellor se adapte ás túas necesidades, configuración e organización dos menús. 

No segundo tutorial veremos cuestións de fondo e forma; inserción de elementos (textos, imaxes, vídeos, arquivos descargables etc. Tamén che ensinamos o acceso aos recursos propios que ofrece Wix. 

No terceiro e último veremos as cuestións finais; seguiremos coa edición do noso site, xestión do dominio en caso de querer comprar un (sen que apareza wix no dominio) ou seleccionalo en caso de xa telo, transferencia do site etc. 

Ata aquí nosa aportacion. Agora tócache a ti poñelo en práctica! 

Podes empezar coas actividades que xa fas na clase, que seguro que son moitas, e así ir practicando para expoñer finalmente un proxecto educativo innovador. 

Lembra que se vas presentarche ao V Concurso Proyecta Innovación, recomendámosche que nos presentes o proxecto nunha web ou un vídeo, e este recurso pode resultarche moi útil.