Twitter é unha rede de microblogging que permite enviar e ler mensaxes de texto de 140 caracteres con imaxe, vídeo ou ligazóns (aínda que esta característica de mensaxes curtas pode que non dure moito tempo). É unha rede moi próxima á actualidade, xa que a súa fácil actualización e consulta desde teléfonos móbiles permite realizar seguimentos en directo a través de hashtags ou etiquetas, polo que é un espazo na internet moi utilizado por medios de comunicación, xornalistas, programas televisivos, organizadores de eventos, famosos, etc.

Twitter permite crear contas persoais, así como de marcas comerciais ou de grupo/comunidades de persoas, xa que non fai distinción como outras ferramentas sociais, o que facilita usalo na aula por todo o alumnado, por proxectos ou polo propio centro escolar.
A través de www.twitter.com pódese crear unha conta, pero algo moi interesante no ámbito educativo é que non é necesario dispoñer dunha conta en Twitter para ver o que se di publicamente dentro da súa rede. Se accedes a www.twitter.com/search poderás realizar procuras aínda sen necesidade de rexistro previo.
Doutra banda, o funcionamento de Twitter como rede social é similar a Instagram, algo ao que o noso alumnado está afeito, onde a relación de amizade non debe ser recíproca, senón que cada usuario decide a quen seguir, aínda que non lle sigan a el. Con todo, pódese crear unha conta con privacidade onde o usuario sexa quen confirme que persoa pode seguirlle, aínda que non é unha práctica habitual dentro da filosofía aberta coa que naceu Twitter.
Algúns estudos xa en 2012 confirmaban que o uso de Twitter fomentaba a comunicación na aula e fóra dela, pasando de ser un medio de información a un de participación, tendo claro que sempre debe revisarse que medios sociais son os máis utilizados polos estudantes.
Así, en liñas xerais as oportunidades que nos ofrece unha ferramenta como Twitter para usala coas nosas mozas e mozos son:
Pódese aplicar dentro da aula nunha materia, nun proxecto de curso ou nun proxecto de centro, así como fora da aula mentres os estudantes preparan traballos ou exames.
Dentro da aula:
Fora da aula:
Importante: Twitter pódese utilizar a partir dos 14 anos, polo que en aulas con nenas e nenos máis pequenos pódese crear unha conta de aula ou de proxecto. Ademais, lembra sempre revisar a normativa do centro, xa que en ocasións tampouco se permite usar o móbil na aula. Pensa en todas as posibles continxencias que poden ocorrer (deixar de funcionar a conexión Wifi, uso inadecuado, etc. e planeta unha resposta... adiante!
Centro de axuda de Twitter
Post Diccionario de Twitter para principiantes de AdveiSchool
Artigo Microblogging en el aula: de la información a la participación de Ismael Peña-López e Agustí Cerrillo Martínez
Artigo Aprender a usar Twitter y usar Twitter para aprender de Víctor Abella García e Vanesa Delgado Benito