SpatialChat é unha plataforma de videoconferencias en liña que funciona imitando como viaxa o son na vida real nunha contorna divertida, sinxela e, sobre todo, diferente.
SpatialChat é unha plataforma de videoconferencias, reunións e eventos en liña que ofrece unha experiencia de chat de proximidade nunha contorna virtual coa posibilidade de ser deseñado e cambiado cando e como se desexe.
Funciona imitando a forma en que viaxa o son na vida real. Desta maneira, nun espazo virtual con varios participantes, as persoas escóitanse situándose preto dos outros. A medida que afastas o teu avatar (clicando e arrastrando) vaise facendo máis pequeno e deixas de escoitar.
Permite aos participantes ter unha visión xeral do espazo en todo momento, deambular libremente e interactuar con outras persoas ou grupos como se faría nun evento, nunha conferencia e mesmo nunha aula. En definitiva, unha das plataformas virtuais que mellor simula o concepto de “asistencia” xa que é completamente inmersiva e simula de forma bastante realista a interacción social.
O seu uso é moi sinxelo e intuitivo. O primeiro que debes facer ao acceder é logarte co teu nome e descrición e dar permisos para usar a webcam e o micrófono (se se desexa, pero para lograr unha boa experiencia, é recomendable).
Unha vez accedes ao espazo, na parte inferior, tes un controlador á túa disposición cunha serie de funcionalidades:
* As tres opcións marcadas con asterisco requiren de permisos previos outorgados polo administrador do evento.
.
A plataforma SpatialChat pode utilizarse, entre outras cousas, para:
Desde a primavera de 2020, educar a distancia xa forma parte do noso día a día e, para iso, a capacidade de SpatialChat para imitar sesións reais, a liberdade que lle caracteriza e a vantaxe de ser un lugar diferente ao resto de plataformas ás que estamos afeitos, resulta un lugar idóneo e con potencial educativo. Se queres probala, podes facelo aquí.