Recursos Educativos

  1. Recursos Educativos
  2. Tutoriais

Socrative

Socrative é unha aplicación nacida en 2010 no MIT (EE.UU.) por un profesor que decidiu utilizar dispositivos móbiles nas aulas como soporte para as clases. A aplicación xestiona a participación do alumnado na aula en tempo real.

Qué é?

A aplicación é un xestor da participación do alumnado na aula en tempo real. Permite probas, avaliacións, actividades, etc. e xestionar os datos polo profesor. Así, Socrative conta cunha aplicación específica para o profesor e outra para o alumno. Está dispoñible na App Store, Chrome Web Store, Google Play e Amazon, así como na web www.socrative.com con acceso diferenciado para ambos, o que permite adaptalo aos dispositivos e recursos de cada persoa. Se estás traballando de xeito remoto con estudantes, tamén podes usalo para crear clases específicas e recompilar información.

Aquí está o vídeo tutorial: