Snapchat (www.snapchat.com) é unha aplicación de contido efémero, é decir, unha aplicación para smartphones que permite compartir imaxes e vídeos cos teus contactos que desaparecen nun máximo de 10 segundos.
Ten parecidos coa mensaxería instantánea xa que permite chatear con contactos da axenda telefónica. Segundo CNET, xa o ano pasado enviábanse máis imaxes a través desta aplicación que en Facebook, uns 400 millóns, aínda que este ano alcanzáronse os 6.000 millóns de visualizacións nun só día, segundo El Mundo.
A aplicación é usada principalmente entre os adolescentes e envían imaxes de onde están, o que comen ou os xa sempre comentados selfies. En ocasións coméntase a problemática de que os menores envíen imaxes íntimas, aínda que non parece que sexan máis que noutras redes ou aplicacións, polo que o enfoque global educativo debe ser sempre o de facer un bo uso querespecte a un mesmo e aos demais e non enfocado a un tipo de contido.
Aínda que os creadores prometen que as imaxes desaparecen, mesmo do seu servidor, non é algo tan evidente: por unha banda, pódese realizar capturas de pantalla das imaxes compartidas, por outro, aínda que as imaxes elimínanse da nosa vista na aplicación, poderían estar presentes nos nosos móbiles; e, por último, algúns fallos na aplicación permitiron sacar á luz imaxes que debían estar eliminadas. Isto, permite enfocar a aprendizaxe desde a responsabilidade de saber que todo o que se sobe á Rede, queda na Rede.
Utilizar sistemas de mensaxería en clase, neste caso de contido efémero e, concretamente, Snapchat, ofrécenos unha gran cantidade de oportunidades.
Utiliza as historias de Snapchat para coñecer eventos que pasan en todo o mundo. Podes ver un evento, como este sobre youtubers, ou un acto ou visita cultural (como o usa o museo LACMA), así como tradicións ou descubrir as últimas noticias a través de CNN, como os pasados atentados de París.
Retransmite unha excursión para as familias e outras persoas da comunidade educativa a través de imaxes con texto. Permite traballar de maneira transversal o uso artístico de imaxes, o de seguridade online, o respecto preguntando quen desexa saír na foto... mesmo crear vosa propia historia para que o vexan durante máis de 10 segundos!
Utiliza Snapchat como medio de comunicación con outras clases ou colexios en proxectos colaborativos. Realizade un conxunto de normas sobre como comunicarvos (elixide un portavoz, concretade horarios de comunicación, deseñade modelos de mensaxes...) e seguídeas cada día na comunicación co resto do grupo.
Podes desenvolver unha comunidade de aula permitindo que alumnos e profes comuníquense a través de Snapchat. Poden realizarse preguntas das tarefas, organizarse para os traballos en equipo ou, simplemente, felicitar os aniversarios dun modo diferente.
Fai unha Gymkhana da atención a través de xogos de lóxica que envíes aos estudantes e só poidan ser vistos durante 10 segundos serán capaces de facelos realidade? Tamén podes extrapolarlo ao xogo do tesouro.
Traballa a comunicación dos eventos do colexio a través de Snapchat. Colaborade con arte ou plástica para deseñar unha imaxe informativa, con lingua para crear un slogan? revisade exemplos de marcas que utilicen esta app e inspirádevos :).
Algúns docentes úsano tamén para ofrecer os resultados dos exames ao alumnado... e favorecer que pregunten.
Bótalle imaxinación e divírtete! Tamén podes traballar cos estudantes que sexan eles quen deseñe a actividade, polo menos cunhas pequenas pautas para guiarlles na ideación. Que che interesa traballar? Snapchat pode axudarche.
Post “Qué es Snapchat y para qué sirve” de Verizon
Post “Snapchat is not the enemy” en misclaseslocas.blogspot.com
Post “Snapchat: de la privacidad a la intimidad” de Diana González
Post “Guía de Snapchat para no millennials” de Miguel Pellicer
Post “7 formas de incorporar Snapchat en la educación” en Universia