Dende fai algo máis dunha década comezou a xeneralizarse en toda España o uso do termo rúbrica para referirse a un sistema de avaliación no que se mostraban unha serie de indicadores do nivel de logro dunha determinada tarefa.
O termo latino ruber significa vermello, e como os romanos empregaban tinta desa cor para escribir os títulos dalgúns documentos, comezou a empregarse o termo rúbrica para designar á firma ou etiqueta dun documento.
No ano 1977 na Clasificación Internacional de Enfermidades empregouse este termo para designar as diferentes etiquetas para as enfermidades e en 1981 Grubb utilizou por primeira vez o termo rúbrica no ámbito educativo para referirse aos estándares que debían cumprir os evaluadores de Nova York para elaborar a Clasificación estandarizada de desenvolvemento.
Como podemos ver a orixe do seu uso educativo é bastante peculiar e quizais fose máis apropiado chamarlle guía de avaliación ou grella de avaliación, pero o peso da cultura americana fai que o termo rúbrica sexa o máis estendido na actualidade.
Na web pódense atopar múltiples servizos que permiten xerar rúbricas, atopar persoais para elaboralas, buscar rúbricas xa realizadas para que as poidas aplicar ás túas propias actividades ou publicar as que realizases a túa mesmo. Algúns destes servizos son, por exemplo, Rubistar e Rubric Maker, este último en inglés.
Para deseñar unha rúbrica é preciso:
Cando o alumnado realiza unha tarefa, tanto de maneira individual como en grupo, a rúbrica servirá tanto para orientar o traballo que deben realizar como para axudar ao profesorado para realizar unha avaliación máis obxectiva.