Nestes últimos anos de pandemia, os códigos QR invadírono todo: comercios, restaurantes, museos... Pero poden achegar algo ás nosas aulas? Sen dúbida, toma nota e adáptao a ti.
“Quick Response”, esas son as palabras que se ocultan detrás do recoñecido código QR. Realmente é un sistema sinxelo e o seu valor reside en que é un método rápido e preciso de descodificar información. O seu escaneo permite dirixir cara a unha URL sen necesidade de escribir a dirección, algo moi útil se é moi longa ou queres que o acceso sexa inmediato. En clase pode converterse nunha forma moi efectiva de proporcionar material complementario, enriquecer contidos ou facilitar reforzo aos estudantes.
Hoxe en día crear un código QR é realmente sinxelo e gratuíto. Pode escollerse entre códigos estáticos (non permiten modificacións ou actualizacións na URL) ou dinámicos (si permiten estes cambios). Aínda que noutros ámbitos pode ser importante utilizar un ou outro, no mundo do ensino, os dous poden ser aptos, aínda que o primeiro non che permitirá editar contidos.
Se te animas a crear un QR, hai multitude de portais como QR Code Generator o Unitag onde podes xerar este tipo de código en escasos minutos. Pero se queres dar un paso máis, podes lanzarche a personalizalos e a facelos máis atractivos. Niso caso unha boa opción para ti será Qrcodemonkey.