Pizarras dixitais, computadores, tabletas... as nosas nenas e nenos viven rodeados de dispositivos na aula en todas as etapas escolares e, a maioría deles, conectados a Internet. Ademais, nas familias conviven con outros tantos que son prestados polas súas nais e pais como, por exemplo, os teléfonos móbiles. Isto fai que a inmersión TIC ademais de necesaria poida ser formativa para un uso seguro, con aproveitamento educativo ou de lecer e en prevención dos retos de ciberseguridade.
A tecnoloxía en infantil pode ser aproveitada para o fomento de valores educativos que senten as bases do traballo futuro das nenas e nenos. Por exemplo, aprender a traballar en equipo, respectar aos demais (tanto as quendas como escoitar o contido que expresan), fomentar a creatividade, reflexionar antes de actuar, tomar decisións, etc.
Dentro do ámbito do desenvolvemento motriz, a tecnoloxía pode utilizarse para aprender movementos corporais, direccións, etc. Sempre adaptado á súa idade e capacidade pode utilizarse a robótica ou sistemas de recoñecemento corporal.
La gran cantidad de recursos tanto audiovisuales como escritos disponibles en Internet, bien en webs o aplicaciones, facilita trabajar la diferenciación e identificación de letras, números y sonidos lo que para muchos docentes permite desarrollar la oralidad o la expresión comunicativa.
Sen dúbida, unha das oportunidades que tamén son exploradas dentro da tecnoloxía en infantil é o que supón como apoio continuo da actividade e motivación para os menores. O uso de elementos didácticos online, conectados, interactivos, audiovisuais... dá apoio ao docente no labor diario para as actividades máis cotiás, sen necesidade de inventar nada novo, senón como recurso e ferramenta integrada na aula. Permite ler contos, acceder a moitísimas fichas para colorear, mergullarse nos debuxos animados que lles encantan...
Ademais, seguindo coa idea de formar desde pequenos no bo uso da internet, utilizar as TIC na aula de infantil permite utilizar recursos de comunicación como Skype, o correo electrónico ou as redes sociais da aula ou colexio, para comunicarse con outros docentes, nenas e nenos, familias, etc. É importante que os peques poidan ver o exemplo de bo uso de como as súas mestras e mestres utilizan estas ferramentas e, sen dúbida, fomenta a súa imitación e, por tanto bo uso. Isto require que o seu uso sexa adecuado, con envío de imaxes positivas, con corrección ortográfica e de vocabulario (mesmo aínda que non saiban ler).
Por último, aínda que estamos seguros de que a vosa creatividade permitiravos atopar máis oportunidades, algo moi habitual que, sen dúbida é unha vantaxe, é o uso de blogues de aulas para relacionarse coa comunidade educativa. Este elemento pode ser transversal a todo o antes mencionado e permite mesmo traballalo dentro de clase en pequenos grupos ou en asembleas para decidir que comunicar cada día.
A partir das oportunidades son moitísimas as actividades posibles, pero aquí deixámosvos algunhas que esperamos póidanvos inspirar:
Se queredes ir un paso máis aló, tamén podedes traballar a creación de contos ou historias, por exemplo, a través da realidade aumentada como no caso do colexio Laude Palacio de Granda situado en Asturias:
Aprendendo a través dunha app: recorrer aos buscadores de apps é unha boa maneira de atopar aquilo que pode ser útil para a aula. En Eduapps atopamos centos de aplicacións categorizadas para a etapa infantil e que permite traballar a aprendizaxe de idiomas, do alfabeto ou os números.
Que fan outros profesores
No Colexio Público San Francisco de Pamplona realizan unha integración TIC desde todas as etapas educativas con información tamén para docentes e familias. Pode verse o proxecto de Wiki de navegación segura na Rede no seu relatorio no Congreso Escuela 2.0, aínda que ata hoxe, seguiron engadindo múltiples recursos.
No pasado concurso Proyecta Innovación para docentes de Galicia coñecemos o proxecto de Os Pitiños que realiza unha proposta de uso das TIC con aprendizaxe cooperativa sobre o corpo humano.
Desde Utrera, en Sevilla, podemos penetrarnos nun proxecto lunar do CEIP Coca de la Piñera onde, a través do traballo por proxectos, a tecnoloxía intégrase para a procura de información e a presentación.
A robótica, a través dos Bee-Bot, permite achegar a tecnoloxía desde infantil dun modo constructivista e que desenvolve o pensamento computacional e o razoamento matemático. O CEIP Gonzalo Fernández de Córdoba presenta este proxecto, aínda que tamén podemos atopar outros colaborativos como El viaje de Beebot.
O blogue Dos profes en apuros, de dúas mestras de educación infantil, pode abrir a mente a outros recursos utilizables nas aulas dos máis pequenos, así como o post sobre Recursos TIC para educación infantil no blogue educ@contic e o blogue recursosticinfantil.blogspot.com.es.