Lembras cando estudabas no colexio os elementos da comunicación? emisor-medio-receptor. Os grandes medios de comunicación de masas: xornais, televisións, cinema ou radio emitían información que era recibida polo público en xeral, nun sistema unidireccional. A posibilidade de que unha persoa individual puidese facer oír a súa voz máis aló do seu reducido núcleo de relacións persoais era moi improbable ou directamente imposible.
Lembras cando estudabas no colexio os elementos da comunicación? emisor-medio-receptor. Os grandes medios de comunicación de masas: xornais, televisións, cinema ou radio emitían información que era recibida polo público en xeral, nun sistema unidireccional. A posibilidade de que unha persoa individual puidese facer oír a súa voz máis aló do seu reducido núcleo de relacións persoais era moi improbable ou directamente imposible.
Con todo, algunhas transformacións sociais e tecnolóxicas provocaron que se producise un cambio no concepto tradicional de emisor e receptor, e que no momento actual se fale dunha persoa que pode intercambiar continuamente estes papeis. É o que Jean Cloutier denomina Emirec.
O profesorado, como un compoñente máis da sociedade, non é alleo a esta situación, e por tanto, na educación actual non necesita ser un mero receptor de información que imiten as editoriais, as administracións ou os grupos de poder, tamén pode transmitir os seus coñecementos e recibir os que transmiten outras persoas que traballan noutras escolas.
Esta transformación do rol das persoas que traballan na educación teñen un elemento esencial na aparición de a web 2.0, que permitiu que calquera persoa cuns requisitos mínimos de tecnoloxía e de coñecementos técnicos, poida non só recibir información de todo o mundo, senón, de maneira máis relevante emitir información a todo o mundo.
Existen múltiples ferramentas que se poden utilizar para emitir e recibir información sobre educación, especialmente interesantes son as que permiten realizar recompilacións de recursos educativos, por exemplo Delicious e Learnist.
Para realizar o traballo colaborativo entre diferentes profesoras e profesores pode participarse de iniciativas organizadas pola administración educativa ou diferentes institucións que adoitan incorporar ao mesmo tempo ferramentas específicas para esta actividade.
Por exemplo a Consellería de Educación creou unha rede social específica para o profesorado de Galicia denominada Redeiras. O Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e Formación do Profesorado do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte tamén creou unha rede para o profesorado a nivel estatal denominada Internet en el aula.
Pero ademais destas iniciativas e doutras que realizan fundacións e institucións con interese por temas educativos, é posible crear a túa propia proposta na que mostres ao resto do profesorado recursos que consideras que poden ser de utilidade na actividade educativa. Se optas por esta proposta deberías seguir algunhas orientacións:
Existen multitude de seleccións de ferramentas que poden ser de utilidade para o profesorado, así que se tes intención de realizar unha nova, pensa que é o que lle engade ás que xa están realizadas. Se crees que non podes engadir nada especial é posible que sexa máis apropiado que engadas comentarios ás que xa realizaron outras persoas.