Necesítase emprender procesos de análises nos que se implique a toda a comunidade educativa e que respondan a uns obxectivos claros. Creativamente as aulas deben ser totalmente diversas e os patios expresión de diversidade en ofertas de xogo e aprendizaxe.
1 OBSERVACIÓN
Cada centro educativo é un ecosistema único e non se deben replicar sen máis modelos sen unha previa observación, análise e reflexión da realidade. Observemos ás persoas que habitan a escola, as súas relacións e o seu modo de morar o espazo. Formulemos preguntas sen medo e sen xuízos de valor.
2 DOCUMENTACIÓN
Preguntarémonos como o fixeron os demais, en que acertaron e que erros cometeron? Viaxar e coñecer outras escolas con experiencias e boas prácticas é tremendamente inspirador. Sempre hai un antes e un despois. Investigamos os porqués, os para que e os como. Fagamos fotos e vídeos tanto do que funciona como do que non funciona.
3 FORMACIÓN
Nunca podemos deixar de aprender e de formarnos. Busquemos documentación, información e investiguemos. Necesitamos escoitar novas perspectivas. Adquirir bibliografía sobre o tema. Asistir a cursos e conferencias do mundo da arquitectura, de innovación educativa e de especialistas, para volver entrar na nosa escola cunha nova mirada.
4 OBXECTIVOS CON PROCESOS PARTICIPATIVOS
A clave do éxito atópase neste punto. Marcarnos uns obxectivos claros que respondan o noso proxecto educativo. Garantir participación dos estudantes, con independencia da súa idade, das familias, do claustro e do persoal non docente. Escoitar, preguntar e favorecer diálogos activos para contribuír a unha suma de ideas e asegurar que o proxecto é de todos.
5 DESEÑO
Pensemos que a transformación que levemos a cabo permanecerá durante varios anos polo que non vale calquera cousa e menos unha chapuza. Deixémonos asesorar en determinados casos por expertos ou profesionais. Utilicemos materiais duradeiros, seguros e consistentes que rendibilicen tanto o tempo como o esforzo empregado.
6 ORZAMENTO
Unha escola é un pozo sen fondo. Prioricemos en base á nosa realidade. Apostemos pola calidade. É aquí onde se verifica se de verdade considérase como algo importante e prioritario. No peor dos casos, se se atopan límites insalvables, sempre se poden buscar alternativas, colaboracións, ideas creativas que logren encaixar os recursos e as necesidades. Que cambios requiren de orzamento e que accións poden acometerse a partir dun cambio de cultura de centro. Por exemplo: subir as persianas para traballar con luz natural non é unha cuestión orzamentaria.
7 TEMPORIZACIÓN
Toda estratexia debe definirse nuns prazos e tempos. Hai transformacións que poden levar a cabo esta mesma semana, por exemplo introducir plantas nas aulas e outras accións ou reformas que han de temporizarse: nun trimestre, nun ano, en tres ou en dez anos. O importante é non queimarse no proceso.
8 EXECUCIÓN
É o momento de creación no que alumnado, familias e profesores involúcranse en xerar beleza, novos espazos educativos co fin de gozar da aprendizaxe, de conectalo co contido curricular e de poner en valor o proxecto educativo. En ocasións necesítase a intervención de empresas especializadas para a execución de determinadas reformas, pero evitar que sexa ao 100%. Aquilo que é realizado pola propia comunidade educativa cobra máis sentido, é sempre máis valorado, coidado e respetado.
9 COMUNICACIÓN
Desde o primeiro momento é importante documentar todo o proceso, tanto fotos como vídeos. O antes e o despois das transformacións. É parte da aprendizaxe. Aproveitemos para compartilo nas redes sociais, na web e comunicar a paixón que non move.
10 CELEBRACIÓN
Todo este proceso require moito esforzo e poden aflorar conflitos. Polo que é moi importante coidar ás persoas, os detalles e celebrar cada paso e cada logro. Que non falte a música, a comida e a festa.
11 AVALIACIÓN
Avaliación continua poñendo sobre a mesa os logros, os cansazos, as emocións, os erros, os acertos e as ilusións.
12 MELLORAS
Sempre se pode mellorar e non necesitamos buscar culpables. Todo enriquecemento e superación faranos sentirnos orgullosos da nosa escola e entre outras cousas, será tamén un referente para moitos.
As imaxes corresponden ós centros: Escuela Ideo de Madrid e ó Colexio Público Bilingüe Santa Ana de Pedrezuela, ambos participantes no evento "Somos espazo de aprendizaxe" celebrado o 27 de maio de 2021.
No seguinte vídeo atoparás entrevistas aos profesores deses centros e unha explicación do proceso de transformación de espazos que levaron a cabo: