Plickers é unha aplicación interactiva que permite ao profesorado obter en tempo real datos estatísticos do progreso de aprendizaxe dos seus alumnos. Tan fácil como lanzar unha pregunta ao aire, os alumnos sacan as suas tarxetas, e a aplicación móstrache os resultados.
Plickers é unha aplicación interactiva que permite ao profesorado obter en tempo real datos estatísticos do progreso de aprendizaxe dos seus alumnos.
A aplicación é gratuíta e está dispoñible tanto para iOS como para Android, así como na web www.plickers.com.
É moi similar a Socrative, ferramenta que comentamos no post anterior, pero cunha forma de interactuar diferente. Aquí é o profesor o que ten o dispositivo móbil, os alumnos teñen tarxetas que a propia app identifica e, desas respostas, extrae as conclusións.
Todo é tan sinxelo como lanzar unha pregunta ao aire e, en vez de que só conteste un só alumno, contesten todos, sen temor a equivocarse. Así nos poderemos saber o efectivas que están sendo as nosas clases e, se a elección, está sendo frutífera.
Ao igual que Socrative, Plickers está en inglés, pero é moi intuitiva. Tras rexistrarnos, accedemos á páxina principal da nosa conta. Aquí, na pestana “Classes” agregamos os diferentes grupos onde utilizaremos a aplicación e a… ¡Avaliar!
Non é obrigatorio relacionar un número con cada unha das tarxetas dos nosos alumnos, pero si o facemos poderemos facer un seguimento máis individualizado e detallado para ver a súa evolución.
Na pestana “Library” crearemos as nosas preguntas, tanto de opción múltiple como de verdadeiro/falso e engadíndoas ao grupo que consideremos.
É recomendable que non se plastifiquen as tarxetas, debido a que o reflexo da luz nos paneis fará que o móbil non poda recoñecer e identificar os carteis con nitidez. Ademais, para que os alumnos non perdan os identificadores, poden pegalos na parte traseira dos seus cadernos, así asegurarémonos de que sempre o terán a man.
Debido á súa interactividade, a esta ferramenta pódeselle sacar moito partido, como veremos nos puntos seguintes:
Os alumnos son unha das pezas clave desta ferramenta, polo que debemos tamén implicalos e valorar as súas propostas. Eles mesmos poden propoñer algunha pregunta ou algún tema que non quedase claro, para deste xeito darlles protagonismo e que participen con maior entusiasmo.
É unha ferramenta que como xa dicíamos medirá os seus coñecementos e nivel de participación, pero ao mesmo tempo podemos investigar e ir máis alá, propoñendo novas tarefas. Estas tarefas poden ir dende que un día da semana o dediquemos a X temática ou a facer un ranking por grupos para que exista unha competición sa e se involucren máis.
Todo depende xa da imaxinación de cada un, pero o que está claro é que o feedback no tempo real, a participación e a avaliación son os alicerces desta aplicación. Polo que...¡A seguir probando, creando e innovando, profesores!
Vídeo Plickers in the classroom (a ferramenta levada á práctica) por Jennifer Zurawski