Padlet, antes coñecido como Wallwisher, é unha plataforma dixital que ofrece a posibilidade de crear murais colaborativos. No terreo da escola, funciona como unha lousa colaborativa virtual na que profesor e alumnos poden traballar ao mesmo tempo, dentro dunha mesma contorna. Esta ferramenta abre un abanico de posibilidades para desenvolver diferentes recursos educativos.
Os creadores desta web desenvolveron Padlet Backpack unha versión específica para o uso docente que xa se emprega en escolas de numerosas partes do mundo. Padlet converteuse nunha excelente opción para gardar e compartir diferente contido multimedia. Con só crear unha conta, podemos comezar a configurar un muro de actividades e facilitar aos alumnos a ligazón para que poidan acceder e empezar a publicar as súas achegas no formato que elixan: texto, audio, vídeo ou imaxe.
O uso da ferramenta é moi sinxelo e universal grazas á súa interface intuitiva e dispoñibilidade en 29 idiomas, á vez que inclusivo, xa que posibilita traballar con outras persoas que usen a plataforma en todo o mundo. Facilita o traballo colaborativo ao permitir convidar a outros usuarios para participar nos proxectos, ademais de ofrecer varias opcións de control do tipo de acceso que dar a cada participante.
A seguridade que ofrece a plataforma foi clave no seu éxito como recurso educativo, posto que tanto a escola -a nivel global- como o profesor -a nivel particular-, son os responsables de xestionar os permisos outorgados e controlar a privacidade dos proxectos, podendo protexelos con contrasinal e mesmo ocultalos das procuras de Google.
Ademais, Padlet está dispoñible para usar case con calquera dispositivo:
Liña cronolóxica para explicar procesos, historias, itinerarios...