Poucas veces o contido do curriculum de educación, tanto en primaria como en secundaria, coincide tanto cos gustos dos alumnos. O Universo leva centos de anos facendo que levantemos a mirada para preguntarnos que hai aí arriba. Esperta o interese de todos e iso pode ser moi útil para os docentes. Botamos unha ollada ás apps que nos permiten converternos (case) en astronautas?
Descifrar e entender un ceo estrelado non é fácil. Si, todos coñecemos a alguén capaz de ver osas e carros, deuses e obxectos, pero a maioría apenas podemos trazar un par de liñas entre estrelas. Nisto a tecnoloxía pódenos botar unha man e pódenos abrir novos camiños para penetrarnos no espazo descoñecido.
Analizamos algunhas das moitas apps que existen para estudar o Universo. Todas elas son unha ferramenta moi enriquecedora e motivadora, para dar un paso máis aló das clásicas imaxes do Sistema Solar dos libros de texto. Animámosvos a probar esta forma de “enganchar” ao alumnado a través da curiosidade innata que todos temos por saber o que ocorre alí arriba .
Empezaremos polos que máis teñen que dicir nisto do espazo: a NASA. Sen dúbida, esta referencia é imprescindible para calquera profesor de sociais, xeografía, tecnoloxía, bioloxía... xa que sempre apostou pola educación e o seu labor didáctico é moi activa. Proba diso é que a súa aplicación ten todo tipo de recursos: vídeos, imaxes, explicacións, historias e acceso á propia televisión da NASA.
Esta aplicación permite, dunha forma sinxela, entender rapidamente o que ocorre alí arriba. Basta con enfocar co móbil ou a tablet ao ceo e empezarán a aparecer na pantalla constelacións, planetas e estrelas, todos eles identificados, para que os alumnos poidan esculcar libremente.
Pero se o que queredes en clase é achegarvos de verdade ao espazo, ver como son os planetas e as estrelas, posiblemente esta sexa a vosa opción. Os alumnos poderán facer zoom e ver en que se diferencian os planetas ou entender como se move o Sistema Solar. As animacións, infografías e información coas que o presenta son dunha gran calidade.
O Sistema Solar en 3D, un soño para calquera alumno. Unha simulación que permite viaxar polo espazo e esculcar o Universo co grao de detalle que queira cada un. E non só planetas senón tamén estacións espaciais! Ademais é posible fixar unha data concreta e ver o aspecto do ceo nese momento. É unha ferramenta moi motivadora para o alumnado.
Esta é unha das apps de exploración/explicación do espazo máis utilizada no mundo. Utiliza tamén o GPS do teléfono e mostra o ceo en relación ao momento onde nos atopamos. Quizais o máis rechamante para os estudantes é que, para entender as constelacións, superpóñense debuxos moi elaborados e evocadores.
A lista de apps dedicadas a explicar os misterios do Universo é moi longa e seguro que nos deixamos algunha moi interesante. O importante é que alumnos e profesores poidan elixir a que máis se adecúe ás súas necesidades e inquietudes e gocen xuntos da viaxe interestelar.
The World at night: Para os amantes das noites estreladas, estas fotografías deixaranvos coa boca aberta.
Exoplanet: Para os que queren saber moito máis e investigar con profundidade.
Eclipse Calculator: Para saber cando será a próxima eclipse ou onde foi o último, entre outros datos curiosos.
El Robot de Platón: Se che gusta que cho conten, esta canle de Youtube pode ser unha boa alternativa. Aquí atoparás pílulas moi interesantes con enfoque científico e divulgativo.
Date un Vlog: Só a: Para os amantes das noites estreladas, estas fotografías deixaranvos coa bo. buraco negro.