Minecraft é un videoxogo que consiste en colocar e destruír bloques para construír estruturas tridimensionales. Tamén permite explorar o mundo aberto e pixelado no que se desenvolve, recompilar recursos, utilizar obxectos e loitar con inimigos ou outros xogadores. E o mellor é que conta cunha versión específica para o ámbito educativo: Minecraft: Education Edition
Minecraft é un videoxogo que consiste en colocar e destruír bloques para construír estruturas tridimensionais. Tamén permite explorar o mundo aberto e pixelado no que se desenvolve, recompilar recursos, utilizar obxectos e loitar con inimigos ou outros xogadores. Viu a luz en 2009 en versión alfa e en 2011 en versión completa e desde entón foi ampliando as súas opcións e sumando miles e miles de usuarios.
Conta con dous modos de xogo, para responder os gustos de diferentes tipos de usuario: Creativo e Supervivencia. O primeiro céntrase en construír estruturas, con recursos, tamaños e formas ilimitados. O segundo aposta pola aventura e un mundo perigoso, cheo de monstros e dificultades que esixen que o usuario se esforce, protéxase e deféndase.
'¿E como o aplico na aula?'... A pesar de que o propio videoxogo ten versións creadas xa para educación, debido a que a programación está aberta a todo o mundo, existe unha versión específica para o ámbito educativo: Minecraft: Education Edition. Microsoft comprou o videoxogo en 2014. Aínda que xa coñeciamos a existencia de MinecraftEDU, a aposta que fixo o magnate pola aplicación na aula converteuse en Minecraft: Education Edition. O seu principal obxectivo é transformar a aula, facendo que Minecraft sexa unha ferramenta adicional para afianzar os coñecementos impartidos, e que unha educación interactiva na que os alumnos aprenden á vez que xogan sexa posible.
No apartado de ‘Otros enlaces de intrés’ podedes ver algúns exemplos desenvolvidos en diversos centros de ensino. Aquí resumirémosvos algúns deles e propoñerémosvos diversas actividades que podedes fomentar en clase. Que isto só vos sirva de base para a vosa imaxinación, adiante profesores innovadores!
Xa habedes visto que o uso de Minecraft na aula é posible. Agora só queda botar a voar a imaxinación e crear novas claves para desenvolver nas nosas aulas. Ánimo profesores!
Vídeo explicativo do proxecto "Xogando aos oficios con Minecraft" do CEIP Ponte dos Brozos
Exemplo práctico no ámbito da relixión e a súa historia
Exemplo práctico en diversos ámbitos do ensino
Vídeo da aplicación de Minecraft na aula