Recursos Educativos

  1. Recursos Educativos
  2. Metodoloxías e estratexias didácticas

Kahoot! Aprendizaxe baseada no xogo

Kahoot! é unha plataforma de aprendizaxe baseada no xogo libre que foi desenrolada por Johan Brand, Jamie Brooker e Morten Versvik. Foi lanzada en agosto de 2013, e na actualidade goza xa dun merecido posto no # toptic5.

Kahoot! utilízase para a avaliación formativa, para supervisar o progreso de cada estudante cara aos obxectivos de aprendizaxe, identificar as fortalezas e debilidades e/ou preparar repasos ou mesmo controis que non parecen selo.