Recursos Educativos

  1. Recursos Educativos
  2. Metodoloxías e estratexias didácticas

Integramos as TIC no currículo

Na dúas primeiras propostas educativas tratamos a aprendizaxe combinada e a clase ao revés, dous enfoques didácticos actualmente baseados nas tecnoloxías dixitais pero para os cales estas non deberían ser absolutamente imprescindibles, pois as metodoloxías non teñen por que estar atadas a unha infraestrutura concreta, neste caso os computadores, tabletas e teléfonos, senón que expoñen un modo de facer as  cousas, independentemente dos medios que se utilicen.

Qué é?

A día de hoxe poucos serán os docentes que na súa vida privada non utlicen algún dispositivo dixital para comunicarse, para realizar trámites administrativos ou polo menos para comprar billetes de avión ou facer a compra a través de internet cando falta o tempo para achegarse ao supermercado; con todo, comezar a utilizar con normalidade asistentes electrónicos na aula enfróntase ao abismo do como o fago, que pasa se os alumnos saben máis que eu, ou afirmacións do tipo, poñer un vídeo é fácil pero como paso de aí? Como os utilizo realmente como herramientras para administrar contidos curriculares en lugar de dedicarlles sesións illadas coma se fosen un fin en si mesmos?

Dedicaremos precisamente esta proposta para abrir portas á utilización das TIC na aula a través de ferramentas específicas que poidades integrar facilmente nas vosas aulas os docentes que aínda non désedes ese paso. Pero non se nos desanimen os lectores que xa fosen un pouco máis aló porque durante as próximas semanas poderán descubir ferramentas que descoñecen, dinámicas sinxelas e efectivas, e todo iso baixo o enfoque da aprendizaxe combinada e a clase ao revés.