A avaliación do alumnado por parte dos docentes supón un importante investimento de tempo e esforzo. Á creación das probas e exames hai que engadir a corrección dos mesmos que, nalgúns casos –e especialmente cando se achega o final do curso– pode alongarse durante días.
A continuación presentamos 5 ferramentas para corrixir probas e exames dunha forma áxil e eficaz.
As seguintes ferramentas de corrección de probas (moitas delas coa opción de poder facelo de forma instantánea) aforran tempo ao profesorado, ademais de facilitarlle datos cos que reforzar contidos no futuro: algunhas delas ofrecen gráficos e informes relacionados coas preguntas que máis fallan os estudantes ou detalla cantos intentos realizou o estudante antes de marcar a resposta correcta.
Vexámolas unha por unha:
Flubaroo é un complemento que se pode instalar en Google Drive e co que se poden corrixir exames tipo test de maneira sinxela. Ademais, facilita a comunicación e o feedback cos estudantes complementando a súa aprendizaxe. A ferramenta utilízase dentro das follas de cálculo en liña que ofrece Drive, polo que hai que descargala nelas, na sección ‘Complementos’. Unha vez feito e para que corrixa un exame de maneira automática, hai que ter en conta que previamente as probas tiveron que ser creadas nos formularios de Drive. Unha vez que o exame está creado e o complemento instalado, pódese corrixir de dúas maneiras: activando a autocorrección despois de que o estudante realizase a proba ou enviar as cualificacións nunha data determinada ao correo electrónico do alumnado.
Aínda que conta con diversas funcionalidades para facilitar o traballo dos profesores como subir contidos, crear comunidades en liña ou comunicarse co alumnado fóra das aulas; Moodle é unha plataforma de e- learning que tamén permite corrixir exames. Un cuestionario tipo test (previamente engadido na ferramenta) corríxese de maneira automática na sección ‘Resultados’, na que o docente pode analizar de forma instantánea as respostas dos estudantes, os intentos que fixeron ata marcar a resposta e a cualificación final.
Esta aplicación, que está dispoñible en Android e iOS, corrixe ao instante calquera proba tipo test a través do escaneo automático de respostas. Pero, como o fai ZipGrade? O docente ten que engadir na app tanto o exame como as respostas. Unha vez realizada esta acción, hai que imprimir unha folla de respostas para o alumnado que facilita o propio programa. Despois, se escanea esa mesma folla coa cámara do dispositivo móbil e en poucos segundos o profesor dispón dos resultados.
Coa ferramenta de formularios de Google (Google Forms) pódense crear todo tipo de probas para examinar aos estudantes. Así mesmo, tamén conta coa opción de corrixilas. Unha das funcionalidades máis interesantes na corrección de exames dentro de ‘Forms’ é que o docente pode coñecer distintos datos por mor das respostas do alumnado. Pode dispoñer de resumos automáticos nos que se expoñen cales foron as preguntas que máis fallaron os alumnos, a media das puntuacións nunha mesma clase ou distintos elementos gráficos co número de respostas correctas.
En Questbase, ademais de corrixir diversas probas de maneira automática, tamén se ofrece a posibilidade de crealas xa que, entre outras cuestións, pódense imprimir distintas versións de exames (cunha soa resposta correcta ou varias), establecer un tempo determinado para realizalo ou engadir imaxes nas preguntas. Unha vez completados polos estudantes, o docente pode corrixilos ao instante. Tamén está dispoñible en Android e en iOS.
.