Desde que apareceron na antiga China para dotar de obxectividade ao sistema de selección do funcionariado, os exames incorporáronse de tal maneira ao sistema educativo que, nalgúns casos, parece que fose a súa principal finalidade.
Desde que apareceron na antiga China para dotar de obxectividade ao sistema de selección do funcionariado, os exames incorporáronse de tal maneira ao sistema educativo que, nalgúns casos, parece que fose a súa principal finalidade.
Sabemos que a función dos exames é a comprobación do coñecemento dos conceptos fundamentais dunha materia por parte do alumnado, pero o seu peso na estrutura educativa é moito máis importante, chegando a crear toda unha cultura á súa ao redor, facendo que xurdan tipoloxías no alumnado, como o chapón, e mesmo provocando que a mediados do século pasado o termo chuleta fose incorporado ao Dicionario da Real Academia Española.
Os exames poden ter formatos diferentes e incluír diferentes tipos de preguntas, por exemplo:
E outras moitas variantes sobre estes modelos básicos.
Aínda que a evolución das metodoloxías educativas foi introducindo novos tipos de aprendizaxe que requiriron diferentes tipos de instrumentos para poder avalialos, os cuestionarios, test ou exames seguen tendo unha importante utilidade para avaliar a adquisición dos contidos de carácter conceptual.
Posiblemente debido a que a realización de exames ou cuestionarios é un instrumento de avaliación tan habitual en calquera proposta educativa, é polo que mesmo os Sistemas de Gestión del Aprendizaje (LMS), como Moodle ou Edmodo,, con metodoloxías baseadas en aprendizaxes constructivistas, inclúeno como unha das ferramentas integradas no propio sistema.
Pero se non tes posibilidade de empregar unha plataforma Moodle, prefires organizar os teus exames nun servizo distinto ou non queres ter todos os recursos agrupados no mesmo sistema LMS, algúns servizos permítenche elaborar exames en liña, por exemplo Exam Time e Easy Test Maker, ambos en inglés.
A secuencia que debes seguir para elaborar os teus exames non é moi diferente da que deberías seguir en caso de elaborar os teus exames de maneira tradicional:
Estes pasos permitiranche ter actualizados os teus exames e permitiranche avaliar correctamente ao teu alumnado.