O vídeo é un dos medios ou recursos didácticos que, pedagógicamente empregado, serve para facilitar aos profesores a transmisión de coñecementos e aos alumnos a asimilación destes.
O vídeo é un dos medios ou recursos didácticos que, pedagógicamente empregado, serve para facilitar aos profesores a transmisión de coñecementos e aos alumnos a asimilación destes.
A facilidade actual de publicar vídeos permite compartir con comodidade as ideas dos alumnos e as súas solucións, ademais de prácticas innovadoras e efectivas.
Os obxectivos que podemos lograr coméntanos o propio Jose Ignacio Mir son:
O papel do profesor é clave en todo o proceso. É misión do profesor a redacción completa do guión, adaptándoo á temática que desexe tratar e as circunstancias do alumnado. Se se trata de alumnos novos ou sen experiencia na edición de vídeo dixital, deberá incluír algunha sesión na que se mostre como utilizar estes programas. É moi importante a temporización da actividade: datas, prazos para realización de cada unha das tarefas, etc.
O profesor deberá dedicar unha clase para explicar o proxecto: distribuirá o guion, explicará cada unha das fases e o modo que teñen os alumnos de realizala. Como toda a información atópase no guion que lles vai a entregar, o traballo que realiza o profesor é principalmente de preparación e deseño da actividade. Despois irá solucionando as dúbidas que vaian xurdindo aos alumnos e comprobando que as realizan coa calidade e profundidade desexada.
Cada profesor -de acordo coas circunstancias do seu Centro- terá que programar a actividade tendo en conta o equipamento de que dispón, o número de clases que desexa investir nesta actividade, o número de alumnos que van participar, etc.
O uso do vídeo na aula permitiranos:
Os vídeos lección son capaces de transmitir un contido educativo completo. Están especialmente deseñados para facilitar a comprensión e a retención do contido. O seu alto nivel de estruturación outórgalles unha estrutura narrativa sinxela de asimilar e onde cada unha das secuencias ou bloques temáticos están debidamente estruturados. Están presentes, ademais, unha serie de elementos sintácticos que axudan á transmisión e retención da mensaxe. Tales como imaxes construídas á medida dos conceptos que están a explicar (reais ou de sínteses), locución que complementa ás imaxes, elementos separadores de bloques e secuencias, indicadores previos ou a posteriori que estruturan o contido e axudan á retención, repeticións intencionadas, ritmo narrativo vivo pero non acelerado, música, efectos de son, etc. Un exemplo deste tipo de vídeos é "Khan Academy".
Hai moitas propostas e posibilidades que nos brinda o uso do vídeo na Educación. O mellor é aprender de expertos como Jose Ignacio Mir, que foi director do Colexio Erain, e que obtivo varios premios pola súa experiencia con vídeos no seu colexio. Podemos resumilas en:
Algúns consellos prácticos:
Os programas de edición non lineal funcionan da forma que vimos na práctica guiada, é dicir, constan de pistas de vídeo e audio ás que se van incorporando os diversos arquivos seguindo unha liña de tempo e pódense modificar a vontade, estes programas posúen os seguintes elementos:
Dentro dos programas de Edición non lineal podemos distinguir varios tipos, os comerciais de gama medio-alta, como Adobe Premiere ou Ulead Media Studio, de gama baixa como Pinnacle Studio 8, os shareware como o Stoik Vídeo Man e os gratuítos como Windows Movie Maker. Tamén hoxe en día une ferramenta moi útil, para os usuarios de iOS, é o iMovie xa que ademais de en o iPad podemos telo instalado no smatrphone e editar o vídeo desde o propio teléfono.
Actualmente una das ferramentas que máis se está empregando nas aulas é Touchcast. Trátase dunha ferramenta de edición que che permitirá ao mesmo tempo gravar un vídeo e superpoñer elementos en forma de widgets, facilitando ao usuario a interacción con eles sen interromper a reprodución. TouchCast ofrece un concepto interesante que mestura vídeo co mellor que unha web pode ofrecer.
Rosa Liarte, unha das nosas colaboradoras e Touchcast ambassador Educaster 2016 desenvolveu un manual moi útil para traballar conTouchcast na aula: podes consultalo aquí.
Algúns dos proxectos sobre vídeo premiados no concurso Proyecta Innovación: