Corubrics é un complemento gratuíto deseñado polo profesor de Tecnoloxía Jaume Feliú, para engadir ás túas follas de cálculo de Google. Corubrics permite realizar un proceso completo de avaliación con rúbricas. Serve para que o profesor avalíe aos alumnos (ou grupos de alumnos) cunha rúbrica e tamén para que os alumnos se coevaluen entre eles con outra rúbrica.

Tras a súa instalación permitiranos transformar unha rúbrica en cuestionario Google e envialo aos alumnos ou utilizalo nós para avaliar.
Unha vez recollidos os resultados dos diferentes tipos de avaliación no formulario, estes combínanse nunha única táboa dinámica que nos dá directamente a media ponderada e permítenos enviar –ou non– os resultados aos alumnos por correo.
É importante destacar que só se pode utilizar se alumnos e profesores están no mesmo dominio de G Suite.
Explicámolo paso a paso de forma visual neste vídeo titorial:
NOTA: En agosto de 2019, engadiuse a CoRubrics unha nova funcionalidade (non recollida neste titorial), que consiste na posibilidade de NON facer obrigatoria a cualificación de todos os aspectos da rúbrica. |
Máis recursos do profesor Jaume Feliú no seu blogue: https://tecnocentres.org/es/