Recursos Educativos

  1. Recursos Educativos
  2. Metodoloxías e estratexias didácticas

Colaborando na aula

Desde principios do século pasado as teorías pedagóxicas relacionadas coa Escuela Nueva sinalaban a importancia do traballo cooperativo na aula, pero non será ata os anos 1990 cando a lexislación educativa do Estado español, apoiada entre outros polos estudos de Vigotsky, inclúa entre os seus obxectivos a cooperación como unha conduta que que é necesario adquirir no ámbito escolar.

Qué é?

Desde principios do século pasado as teorías pedagóxicas relacionadas coa Escuela Nueva sinalaban a importancia do traballo cooperativo na aula, pero non será ata os anos 1990 cando a lexislación educativa do Estado español, apoiada entre outros polos estudos de Vigotsky, inclúa entre os seus obxectivos a cooperación como unha conduta que que é necesario adquirir no ámbito escolar.

Nese momento indícase por exemplo que o alumnado debe practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e grupos. Pero é xa en 2006 coa aprobación da Lei Orgánica de Educación cando se incorporan as competencias básicas no currículo. Unha das oito competencias básicas é a competencia social e cidadá. Esta competencia debe permitirlle ao alumnado comprender a realidade social e cooperar, convivir e exercer a cidadanía democrática nunha sociedade plural e contribuír á súa mellora.

Para que o alumnado poida aprender a cooperar é necesario traballar esta competencia na educación infantil e na educación básica. As tecnoloxías da información e da comunicación ofrécenche ferramentas que permiten realizar esta tarefa de maneira moito máis cómoda.

Unha simpática palabra hawaiana incorporouse no noso vocabulario para axudar no traballo colaborativo escolar: wiki. En 1995 Ward Cunningham crea a primeira wiki, unha páxina web que pode ser editada, corrixida, modificada ou ampliada por diferentes persoas, e por tanto construída colaborativamente.

Diferentes servizos permiten crear wikis que poden ser aplicadas ao traballo escolar, por exemplo:

E, por suposto a aplicación wiki máis coñecida do mundo, que provocou que se elimine dos salóns de todas as casas, ese xigantesco andel para almacenar a enciclopedia:

Oportunidades no aula

Estas ferramentas e outras moitas permiten o traballo colaborativo na aula, pero como todo traballo escolar, require unha secuencia de actuación para que se poida obter del os mellores froitos. Esta que che indicamos pode ser unha secuencia apropiada:

  1. Presentalle ao teu alumnado unha tarefa realista e ben contextualizada
  2. Procura que no desenvolvemento da tarefa para realizar se poida establecer unha secuencia de actividades.
  3. Selecciona unha tarefa que teña relación co maior número de competencias e de áreas posibles.
  4. Comproba que no traballo de cada grupo se establezan claramente as funcións de cada persoa participante.
  5. Sinálalles os recursos e os materiais que son necesarios empregar.
  6. Indica unha temporalización razoable e coherente en función da tarefa para realizar.
  7. Establece uns indicadores de éxito que permitan realizar unha autoevaluación.

E que podemos facer, por exemplo, nunha aula de Primaria cunha wiki? Podemos desenvolver unha investigación de todo o grupo sobre un mesmo tema, dividindo as áreas por grupos segundo as instrucións previas e organizar os resultados da investigación nun espazo común, que todos os membros da clase poden editar segundo unhas regras. O mesmo exemplo serve para un grupo de Secundaria, que tamén podería documentar a traxectoria dos seus proxectos, crear glosarios específicos de distintas materias. As posibilidades son infinitas.