Google Apps for Education é a solución de Google para as comunicacións e traballo colaborador en Internet dos centros educativos. Nestes momentos, o Google educativo ofrece de xeito gratuíto e sen publicidade ferramentas de correo electrónico, calendario, chat e almacenamento. Se xa es usuario de Google coñecerás á perfección estes produtos como o correo electrónico Gmail, os calendarios de Google Calendar, o servizo de almacenamento Google Drive, os documentos colaboradores de Google Docs ou o chat integrado ata agora coñecido como Hangout e que pasará a chamarse Gchat.
Ademais, coa ferramenta específica para a aula Classroom, poderás coordinar a túa clase asignando tarefas, subindo toda a documentación da materia ou proxecto a un só lugar e con comentarios e outras comunicacións integradas. Tamén dispón de ferramentas para creación de webs con Google Sites ou ferramentas sociais como Blogger para a creación de blogs, Google Groups para o desenvolvemento de comunidades ou Google+.
O sistema funciona online, polo que se actualiza en tempo real, o que implica que debes revisar a conectividade do teu centro antes de tomar a decisión de implantalo. Cada usuario dispón de almacenamento ilimitado para Google Drive, Gmail e os álbums web de Picasa.
Google Apps for Education non ten restrición de idade, algo que facilita o traballo de moitos docentes que se encontraban co requisito de que os estudantes debían ter máis de 13 anos para abrir unha conta de correo electrónico en Gmail. Con todo, é importante ter en conta que existen algunhas ferramentas sociais dentro do sistema que si teñen límite de idade, como a rede social Google+, polo que o centro educativo debe activar os servizos axeitadamente. Enpreguntas frecuentes da plataforma poderás ler toda a información sobre a privacidade dos usuarios e como cumpren coas leis de protección de menores.
Cando xa teñas todas as contas de usuario activadas e configuradas... só queda comezar a usalo en clase!
A configuración de Google Apps for Education realízase para todo o centro educativo, polo que a decisión de utilizar este sistema de comunicación e colaboración debe ser reflexionada e consensuada. Ademais, aínda que se realiza de xeito sinxelo, é recomendable que o persoal encargado desta tarefa dispoña das horas necesarias para a súa implantación, así como os apoios necesarios.
Este sistema de Google para o mundo educativo utilízase a través do dominio do teu centro, polo que todas as contas de correo serán vinculadas a ese dominio, permitíndoche manter a coherencia na identidade dixital da escola e manter unha imaxe profesional.
A continuación, indicámosche os pasos para a integración desta ferramenta aos que unimos algúns non meramente técnicos, pero que sen dúbida, che axudará a, traballalo correctamente:
*se deséxalo, poderás migrar o correo electrónico que estabades a utilizar a estas contas de Gmail.
Innovación
Google Apps for Education permite a utilización de xeito ilimitada e profesional todos os servizos que xa usas de xeito habitual nos centros educativos. A integración facilita unificar os servizos e que sexa máis sinxelo o acceso, así como utilizar os servizos engadidos de Google de xeito gratuíto. Por iso, non se trata dunha transformación global, senón de unir a comunicación e colaboración que xa traballas na túa escola dun modo eficiente.
Ademais, Google ten un compromiso pola mellora deste tipo de produtos, xa que ao ter nacido como empresa na Universidade de Stanford, entende Google Apps for Education como un xeito de devolver ao ámbito educativo o que recibiu na súa concepción.
Páxina oficial Google Educators Group.
Post Usando Google Apps para Educación de Juanma Díaz en educ@conTIC.
Post Mi experiencia con Google Apps de Juan Carlos Guerra en el blog de @juancarikt.
Post Proyecto de implantación de Aplicaciones Google para escuelas en CEDEC.
Presentación Drive for Education: la mochila para los estudiantes del siglo XXI no Blogue Oficial de Google España.
Post Google Apps y los menores de 13 años de Jaume Feliu en Tecnocentres.
Vídeo Tutorial Google Classroom Education (Español) de Gabriel Palacio