En 1916, durante unha batalla da I Guerra Mundial, un novo soldado de apenas 19 anos foi ferido gravemente o peito. As feridas afectáronlle os pulmóns e a súa actividade física quedou moi limitada e mesmo falar producíalle un gran cansazo. Catro anos máis tarde, e cando aínda as secuelas das súas feridas limitaban a súa capacidade para impartir clases maxistrais, obtivo unha praza de mestre e foi destinado a unha pequena aldea dos Alpes. Para poder superar as súas limitacións físicas e debido á influencia da pedagoxía da Escola Nova, comezou a deseñar unha serie de técnicas pedagóxicas nas que daba o protagonismo ao alumnado.
En 1916, durante unha batalla da I Guerra Mundial, un novo soldado de apenas 19 anos foi ferido gravemente o peito. As feridas afectáronlle os pulmóns e a súa actividade física quedou moi limitada e mesmo falar producíalle un gran cansazo. Catro anos máis tarde, e cando aínda as secuelas das súas feridas limitaban a súa capacidade para impartir clases maxistrais, obtivo unha praza de mestre e foi destinado a unha pequena aldea dos Alpes. Para poder superar as súas limitacións físicas e debido á influencia da pedagoxía da Escola Nova, comezou a deseñar unha serie de técnicas pedagóxicas nas que daba o protagonismo ao alumnado. Este educador era Célestin Freinet e é o precursor do uso da imprenta escolar, da correspondencia entre centros, dos plans de traballo, das bibliotecas de aula e tamén do uso dos carteis ou murais escolares.En 1916, durante unha batalla da I Guerra Mundial, un novo soldado de apenas 19 anos foi ferido gravemente o peito. As feridas afectáronlle os pulmóns e a súa actividade física quedou moi limitada e mesmo falar producíalle un gran cansazo. Catro anos máis tarde, e cando aínda as secuelas das súas feridas limitaban a súa capacidade para impartir clases maxistrais, obtivo unha praza de mestre e foi destinado a unha pequena aldea dos Alpes. Para poder superar as súas limitacións físicas e debido á influencia da pedagoxía da Escola Nova, comezou a deseñar unha serie de técnicas pedagóxicas nas que daba o protagonismo ao alumnado. Este educador era Célestin Freinet e é o precursor do uso da imprenta escolar, da correspondencia entre centros, dos plans de traballo, das bibliotecas de aula e tamén do uso dos carteis ou murais escolares.
Os carteis e os murais que se poden ver nunha escola ou nunha aula infórmannos sobre a vida dese centro educativo, sobre os temas que máis interesan, sobre as materias máis dinámicas, de se traballan desde unha perspectiva colaborativa ou máis individual. Son a primeira impresión que recibimos do traballo escolar que se está desenvolvendo nunha escola.
Os murais e carteis son un potente recurso para o traballo na escola que reúne, entre outras, as seguintes características:
Un mural serve para mostrar a información máis importante dun tema de maneira visualmente atractiva, é dicir son dúas os elementos relevantes dun mural ou un cartel escolar:
Por tanto para deseñar un cartel deberás seguir unha secuencia similar a esta:
Pero un cartel ou un mural non é un resumo dun contido, é mostrar a información máis relevante dunha maneira visualmente atractiva e para iso é necesario considerar principios básicos do deseño gráfico no proceso de creación
Todo o que se sinalou é necesario telo en conta tanto se se deseña o cartel nun formato impreso ou con calquera da ferramentas dixitais que nos ofrece a rede.