Canva proporciona a profesores e estudantes unha nova e sinxela forma de deseñar. Con máis de 1 millón de recursos gráficos: fotos, iconos, ilustracións e deseños de todo tipo, permite adaptar gráficamente calquera traballo, presentación ou proxecto. En definitiva, é unha ferramenta que ensina a comunicar mellor a través da creación gráfica.
A idea nace en 2012, cando Melanie Perkins profesora de programas de deseño gráfico na universidade, dáse conta de que os estudantes tiñan certas dificultades para aprender conceptos esenciais. En 2013 esta iniciativa, xurdida nas aulas, convértese en startup e en agosto dese ano lanza a súa versión beta. Así nace Canva.
Canva proporciona a profesores e estudantes unha nova e sinxela forma de deseñar. Con máis de 1 millón de recursos gráficos: fotos, iconas, ilustracións e deseños de todo tipo, permite adaptar gráficamente calquera traballo, presentación ou proxecto. En definitiva, é unha ferramenta que ensina a comunicar mellor a través da creación gráfica.
Por tanto, esta plataforma dixital non só proporciona ao profesorado recursos para deseñar e propoñer actividades innovadoras ao seu alumnado. Se non que tamén, serve como apoio aos estudantes na elaboración de proxectos creativos, ademais de beneficiar o desenvolvemento da súa intelixencia visual.
Aquí tedes un vídeo explicativo sobre Canva
Aquí podedes descargarvos unha guía rápida para aprender a moverse pola web
Exemplos de leccións nas que aplicar Canva
6 ferramentas gráficas para a aula