Recursos Educativos

  1. Recursos Educativos
  2. Recursos dixitais

Buscadores especializados en temas educativos

Se como docente necesitas documentar as túas clases ou se es estudante e buscas información contrastada e especializada para algún proxecto, estes motores de procura ofrecen fontes de información académica como artigos, revistas e investigacións científicas.

Qué é?

Internet é actualmente unha das principais fontes de información, sobre todo para os estudantes, independentemente do seu nivel educativo, e o gran aliado para realizar os seus traballos académicos. Con todo, cantidade non é sinónimo de calidade, e lamentablemente moita da información que se publica é pouco fiable ou non está contrastada. Para combater ese ‘caixón de xastre’ e facilitar o proceso de investigación, existen os ‘buscadores académicos’, especializados en diversas áreas e que garanten información veraz.

Grazas a estes buscadores a comunidade educativa pode compartir e consultar infinidade de revistas, teses, libros e demais documentos académicos de fontes contrastadas, para que os alumnos dispoñan de todas as referencias que necesiten para os seus traballos ou para ampliar os seus estudos. Para atopar a información que buscan, os usuarios só deben introducir as palabras chave da temática que lles interese e, nalgúns, seleccionar os filtros para limitar a procura a criterios concretos.

1.ERIC

Education Resources Information Center proporciona un catálogo de máis dun millón de referencias datadas a partir da década dos 60, con máis de 100.000 documentos completos accesibles de forma gratuíta. Trátase da maior base de datos especializada en educación dispoñible en liña.

2. Google Académico

Estudos, teses, libros, resumos, artigos de editoriais académicas… Este buscador permite localizar documentos completos de diferentes disciplinas, rastrexalos por autor e buscar en varias fontes ao mesmo tempo. Os resultados aparecen ordenados pola súa relevancia e os autores poden medir coa ferramenta Google Scholar Metrics a visibilidade e influencia que teñen as súas publicacións.

3. JURN

Dispón dun directorio con acceso a máis de 3.000 revistas electrónicas especializadas en artes e humanidades. Tamén indexa millóns de títulos de artigos académicos e teses de disciplinas económicas, ecolóxicas e ciencias biomédicas.

4. Dialnet
É un dos maiores portais bibliográficos do mundo con 2,36 millóns de usuarios. O seu principal labor é dar visibilidade á literatura científica hispana. Foi creado pola Universidade da Rioxa en 2001 e todo o seu catálogo é de acceso libre: inclúe revistas, libros, teses doutorais e outro tipo de documentos académicos. En total, máis de 9.000 revistas e 7.552.446 publicacións.

5. Microsoft Academic Search

Emprega a procura semántica para ofrecer os resultados máis relevantes en función dos criterios sinalados. Os seus campos de estudo inclúen a arte, a bioloxía, a historia, as matemáticas, a filosofía ou a medicina, entre outros. Dispón dunha opción para seguir a autores, institucións e conferencias. Tamén ofrece a posibilidade de realizar procuras avanzadas para limitar o campo de estudo, o ano ou o autor, entre outras opcións..

6. Redalyc

É a Rede de Revistas Científicas de América Latina e o Caribe, España e Portugal. Esta hemeroteca científica de libre acceso tamén pon ao dispor do usuario ferramentas para a análise da produción, a difusión e o consumo de literatura científica.

7. Educateca

Cursos, manuais, mapas, estatísticas… Este buscador conta con máis de 130.000 recursos para todos os niveis educativos e áreas do coñecemento, que poidan localizarse mediante a caixa de procura, a través dun navegador temático ou consultando os índices. Ofrece ademais unha ampla bibliografía de autores.