John Dewey, filósofo estadounidense, foi un dos primeiros en sinalar que a educación é un "proceso interactivo" por iso se lle pode considerar o pai da educación experiencial moderna. Aprender Facendo ou Learning by Doing non é só unha aprendizaxe por experimientación.
John Dewey, filósofo estadounidense, foi un dos primeiros en sinalar que a educación é un "proceso interactivo" por iso se lle pode considerar o pai da educación experiencial moderna.
Aprender Facendo ou Learning by Doing non é só unha aprendizaxe por experimientación. Para Aprender Facendo necesítanse unha premisas:
En definitiva, é aprender do mundo real, é unha aplicación directa e práctica da teoría, que é necesaria pero non é o único.
Aprender Facendo ou Learning by Doing, nun marco tecnolóxico conseguirá o éxito cando na internet se transmitan experiencias, non só información. Cando visualicemos a aula como un conxunto de persoas intelixentes que aprenden o mesmo contido desde diferentes camiños, de distinta forma, con diversas estratexias e co apoio do profesor que apostila a cada un o que cada un necesita. É unha aula divertida que non reflicte unha "orde" de pupitres con individuos que aparentemente están a escoitar un discurso.
Un exemplo válido de Aprender Facendo ou Learning by Doing son os módulos de Robótica. É unha experiencia científico-tecnolóxica. Os alumnos e o profesor son un equipo que traballan cun propósito común, que buscan alcanzar unha meta. Quizais o entendamos mellor grazas a Lego que o explica dicindo: "A construción dun robot educativo require mobilizar, a partir de experiencias científicas tecnolóxicas concretas, coñecementos de mecánica, para construír a súa estrutura; coñecementos de electricidade, para darlle movemento; coñecementos de electrónica, para enlazar a o computador co robot; e coñecementos de informática, para desenvolver un programa que permita controlar ao mesmo".
Conseguimos alumnos autónomos, con espírito crítico e coa humildade de asumir que pode seguir aprendendo do outro. E ademais:
A innovación de aprender facendo ou Learning by Doing sería non poñer barreiras á aprendizaxe. Segundo as ideas de Roger Schank, primeiro en propugnar o Learning by Doing no ámbito educativo, a introdución da tecnoloxía no proceso da aprendizaxe do proceso de Aprender Facendo, sería con simulacións máis ou menos elaboradas que presenten situacións reais, e aproveitar o potencial que ofrece a tecnoloxía para traballar con persoas que non están na aula.