Scratch é un programa informático libre creado polo Massachusetts Institute of Technology (MIT) e que permite aprender a programar. Está pensado especificamente para usalo entre os 8 e os 16 anos, aínda que en realidade non hai límite de idade para explorar as súas múltiples vantaxes e posibilidades. Ademais, para os máis pequenos (entre 5 e 7 anos aproximadamente) creouse Scratch Junior, dispoñible para tabletas.
Scratch permite aprender a programar a través de bloques que, unidos e nunha secuencia adecuada, desencadean unha serie de accións. Isto permítenos crear historias animadas, contos, videoxogos, etc.
Este software está dispoñible en 40 idiomas, incluído el gallego, o que tamén permite utilizalo para a aprendizaxe doutras linguas. Pódese utilizar directamente online na páxina web de Scratch (scratch.mit.edu) e tamén offline (dispoñible para descargaen scratch.mit.edu/scratch2download) para utilizalo directamente no computador ou cando non se dispoña de conectividade, e ambos manteñen as mesmas funcionalidades. Ademais, na páxina web pódense visitar proxectos realizados por outras persoas, aprender como os fixeron e utilizalos para traballar con eles, así como compartir os creados por un mesmo. Sen dúbida, a comunidade de ScratchEd para docentes é moi activa e permite seguir aprendendo e colaborando con docentes de todo o mundo.
Aprender a programar non busca formar programadores senón entender o mundo que nos rodea, educar en competencias e habilidades que o alumnado poida utilizar no seu futuro, así como motivar a aprendizaxe doutros coñecementos de maneira innovadora, suxestiva e, sobre todo, práctica.
Algunhas oportunidades e vantaxes de aprender a programar con Scratch na aula son:
Que che pode ofrecer Scratch? Pensa en... que che pode ofrecer crear unha historia? e facer unha animación? e deseñar un videoxogo? Todo no que estás a pensar tamén é parte das oportunidades deste xeito de aprender a programar.
Para aplicalo cos teus alumnos primeiro debes coñecelo. Accede á web de Scratch e proba o programa, visita o que outros profesores fan e inspírache neles e nas súas actividades. Podes aprender paso a paso coa web de autoaprendizaje de Scratch Informática Creativa con Scratch de Código21.
Podes botar unha ollada ao traballo que realizaron con Scratch no proxecto “Barxilón no mar de latón” do IES as Barxas ou botar unha ollada aos proxectos de Secundaria que mencionamos nun post anterior.
O máis importante na aplicación de Scratch en educación é saber que obxectivos temos para guiar aos alumnos, xa que eles mesmos son os que van construír a súa propia aprendizaxe. Isto pode unirse cos obxectivos curriculares, así como competencias e capacidades. De feito, pode chegar a ser un proxecto de centro unindo o traballo realizado en diferentes cursos e materias. Por exemplo, os estudantes maiores poden realizar un conto cos personaxes que fixeron os medianos para que o vexan os pequenos; ou en ciencias poden traballar a información para unha campaña de reciclaxe para que en plástica realicen unha animación en Scratch para informar sobre como realizar unha separación correcta de residuos...
Deixa voar a túa imaxinación! Explora cos teus alumnos e veredes como Scratch pode axudarvos!
Web Scratch.
Comunidade online ScratchEd.
Guías e tutoriales Ayuda sobre Scratch.
Web de autoaprendizaxe de Scratch Informática creativa con Scratch de Código21.