Recursos Educativos

  1. Recursos Educativos
  2. Recursos dixitais

Aplicacións de música na aula

O uso da música nas aulas non debería cinguirse unicamente á materia de música ou arte, senón que podería ser un elemento para aprender coñecementos curriculares en calquera área, ben sexa lingua, historia, tecnoloxía ou matemáticas.
Qué é?

O uso da música nas aulas non debería cinguirse unicamente á materia de música ou arte, senón que podería ser un elemento para aprender coñecementos curriculares en calquera área, ben sexa lingua, historia, tecnoloxía ou matemáticas.

Son numerosas as ferramentas online que poden ser utilizadas para escoitar música ou para creala:

Spotify. Rede social de música que permite escoitar música sen necesidade de descarga, senón a través da app para ordenador, tabletas ou móbiles. Facilita buscar a través de artistas ou listas (playlist). Grazas ás listas e ao sistema de busca Spotify permite descubrir cancións dun autor, dun xénero concreto (ben sexa clásica, pop ou rock, por exemplo) ou dunha época. Ademais, existe a opción Radio que facilita seguir diferentes emisoras temáticas. É gratuíta, aínda que ten diferentes opcións de pagamento sen publicidade ou para compartir en familia.

Google play music. Aplicación Android que permite escoitar música online e de xeito sincronizado entre todos os dispositivos. É compatible con iTunes e gratuíto durante 30 días, posteriormente ten un custo de 9,99€/mes.

iTunes. Cun funcionamento similar a Google Play Music permite escoitar música online. Facilita subir as propias cancións e comprar outras novas dispoñibles por canción ou por álbum.

Shazam. Aplicación móbil que permite descubrir música: ao inicio a app grava o audio de calquera canción que estea a soar para posteriormente ofrecerche a canción completa coa información do título e artista, así como a posibilidade de escoitala, descargala e/ou comprala e ver o videoclip se o ten. Ademais, pódense ver os shazameos doutros usuarios e a lista dos máis populares.

Discovr. App móbil que permite buscar e escoitar cancións de calquera estilo e artista, permitindo acceder á biografía do cantante e a todas ás súas cancións. Ademais, mostra outros artistas similares en forma de conexión moi sinxela de visualizar.

Garage Band ou Music Maker Jam.Estas aplicacións permiten crear música directamente en móbiles e tabletas con algunhas bases predefinidas para compoñer sobre elas. Son moi completas, se ben se recomendan para o alumnado maior (como estas aplicacións de creación de música coa tableta), pero para os estudantes máis pequenos poderíase usar Kids Music Maker.

Son moitas as aplicacións que permiten crear e escoitar música, polo que mesmo un exercicio práctico que se pode realizar na aula é realizar buscas e reflexionar acerca da ferramenta que cumpre mellor as funcións que se necesitan para o proxecto.

Oportunidades no aula

Por exemplo, aprender historia a través da música é posible. Pensaches en facer un percorrido pola música que escoitabamos en España dende os 50? Ferramientas como Spotify pódeche axudar a encontrala e utilizala para contar a historia do país ata os nosos días.

E se analizamos cancións en lingua? Podedes utilizar Shazam para que as rapazas e os rapaces descubran unha canción, encontren o título e o artista e cheguen a atopar a letra para analizala.

Algo moi similar se pode utilizar en filosofía, por exemplo, onde se pode pedir ao alumnado que encontre cancións coa mensaxe que se estea a estudar.

Por suposto, os proxectos globais e transversais tamén teñen cabida no ámbito musical onde, por exemplo, dende a materia de música poden compoñer unha canción, en lingua a letra, en tecnoloxía dixitalizala e editala, todo iso para realizar unha presentación da materia de matemáticas que explique as derivadas ;) Mesmo se pode construír os instrumentos musicais na materia de plástica! Ou, por exemplo, utilizalo noutros proxectos de centro, como no encontro científico-tecnolóxico FLL, onde o equipo navarro Luis Amigó Curiosity creou unha canción para expresar os seus valores como equipo.

Aplicación

As aplicacións musicais en aula son variadas, só é necesario botarlle imaxinación e, como sempre, pensar primeiro no alumnado e as súas características e no dispositivo que se utilizará na aula (móbil, tableta, ordenador, etc.).

Innovación

A música é un ámbito que enriquece a linguaxe, a expresión, a coordinación, a escritura ou a lóxica e, ademais, un espazo de motivación sobre todo para o ámbito adolescente. Ao utilizar as TIC rómpense as barreiras da aula que poden existir á hora de utilizar a música como linguaxe de expresión, xa que se accede a toda a música posible a través de Internet e, ao mesmo tempo, permite creala aínda que non se dispoña de todos os instrumentos. Ademais, a sinxeleza de uso dos dispositivos móbiles e tabletas, permite aproveitar a música para aprender a facer un bo uso de Internet e das aplicacións.

Por outro lado, a música favorece a mellora das habilidades de comunicación das persoas e permite manifestar os sentimentos, polo que pode ser un bo modo de traballar a intelixencia emocional. Ademais, como se comentou anteriormente, a música é utilizable en calquera área educativa e, por suposto, en calquera idade, curso ou nivel.

Outros enlaces de interés

Revista Música y Educación. Madrid.

Post Importancia de la música en la educación primaria. Educapeques.

Blog Música educación y TIC.

Post Un mundo infinito de Apps musicales educativas. María Jesús Camino en Educ@contic.                 

Artigo Evaluando actitudes y usos de las TIC del profesorado de música de educación secundaria. José Luis Guerrero Valiente, Revista Internacional de Educación Musical