Xa vos falamos antes do concepto de clase ao revés, e cremos que seguiremos facéndoo durante moito tempo porque, aínda que non é a solución para todos os problemas das aulas do s.XXI, si nos parece unha alternativa metodolóxica fácil de implementar e con resultados inmediatos.
Xa vos falamos antes do concepto de clase ao revés, e cremos que seguiremos facéndoo durante moito tempo porque, aínda que non é a solución para todos os problemas das aulas do s.XXI, si nos parece unha alternativa metodolóxica fácil de implementar e con resultados inmediatos.
Ademais, como todas as ideas innovadoras que poden simplificar o voso traballo e mellorar a actitude dos vosos alumnos, non esixe unha revolución dun día para outro na vosa maneira de ensinar nin do modo en que os vosos alumnos aprenden. Podedes facer experimentos de risco moderado, sen alterar a vosa programación nin sometervos a unha curva de aprendizaxe que complique en exceso voso día a día.
Presentámosvos unha proposta concreta e válida para calquera materia e nivel educativo a partir de Primaria.
Como saberás a estas alturas, o concepto de clase ao revés fundaméntase en asignar para casa as tarefas máis pasivas, como poden ser os bloques teóricos de cada materia, unha vez graváchelos en vídeo ou seleccionaches vídeos de Khan Academy ou doutros repositorios que che parezan adecuados, e dedicar o tempo compartido na aula para as tarefas máis activas. Para iso propoñémosche o seguinte:
Aínda que a clase maxistral é unha referencia tradicionalmente valorada, os novos tempos e as novas actitudes, así como as novas ferramentas permiten e en ocasións esixen cambios nos procedementos. Non existen fórmulas máxicas, e menos para a educación; tampouco existen receitas que sexan útilies en todas as ocasións; con todo, a clase ao revés presenta un modelo novo facilitado pola tecnoloxía, que consolida o rol do profesor como facilitador, intermediario entre o coñecemento e o alumnos, que debe colaborar activamente na súa propia aprendizaxe e na súa metodoloxía.