Sabías que un 87% dos usuarios entre 16 e 65 anos que utilizan Internet tamén fan uso das redes sociais? E que son os mozos (entre 16 e 24 anos) os que utilizan un maior número de redes sociais (5,4) tendo como preferencia Instagram? Estas son algunhas das conclusións do último estudo sobre Redes Sociais realizado por IAB Spain.
As vantaxes de utilizar redes sociais en clase son variadas e están relacionadas coas habilidades comunicativas e colaborativas, ademais de que fomentan diversas competencias como as tecnolóxicas ou a creación dunha identidade dixital, entre outras cuestións.
Os dispositivos móbiles, grazas ás aplicacións ( apps), son cada vez máis personalizables. Quen máis quen menos, todos descargamos aplicacións nos nosos dispositivos que nos resultan útiles para xestionar a nosa vida persoal e profesiona
A continuación enumeramos 5 aplicacións –das que nunca falaramos– que poden resultar moi útiles a profesores e mestres. Ben por tratarse de aplicacións para usar no día a día: como Idoceo ou Quizizz; ou ben para usar en ocasións puntuais: como Too Noisy, CamScanner ou Classroom Screen.
Se te chegaches a plantexar algunha oportunidade educativa co noso anterior post sobre Instagram, poida que agora sexa o momento de ir un paso máis aló.
Plickers é unha aplicación interactiva que permite ao profesorado obter en tempo real datos estatísticos do progreso de aprendizaxe dos seus alumnos. Tan fácil como lanzar unha pregunta ao aire, os alumnos sacan as suas tarxetas, e a aplicación móstrache os resultados.
Entre as TIC encontramos os medios sociais, onde Facebook, YouTube, Twitter e Instagram, son os máis utilizados polos españois de 14 a 17 anos, segundo o VI Estudio Anual de Redes Sociales de IAB Spain. De feito, xa o 60% dos adolescentes usa Instagram en España e é a súa terceira rede social preferida.
Socrative é unha aplicación nada en 2010 no MIT, EEUU, da man dun profesor que decidiu utilizar os dispositivos móbiles na aula como soporte para as clases e non loitar por erradicalos das mans dos seus estudantes durante as súas horas lectivas.
Twitter é unha rede de microblogging que permite enviar e ler mensaxes de texto de 140 caracteres con imaxe, vídeo ou ligazóns (aínda que esta característica de mensaxes curtas pode que non dure moito tempo). É unha rede moi próxima á actualidade, xa que a súa fácil actualización e consulta desde teléfonos móbiles permite realizar seguimentos en directo a través de hashtags ou etiquetas, polo que é un espazo na internet moi utilizado por medios de comunicación, xornalistas, programas televisivos, organizadores de eventos, famosos, etc.
O acceso ao teléfono móbil por parte dos menores, xa sexa en propiedade (70% aos 12 anos posúe teléfono móbil segundo Protégeles) ou en uso (de pais, nais, irmáns, amigos…), é xeneralizado. É unha realidade social que debemos ter en conta para integrar ou non o smartphone no ámbito educativo ben na aula ou fóra dela.
Os medios sociais chegaron para quedar e son utilizados pola maioría dos estudantes case a calquera idade. Segundo o último estudo sobre conectividade móbil de Protégeles, publicado con motivo do Día da Internet Segura o 11 de febreiro de 2014, o 30% dos nenos e nenas de 10 anos en España xa dispón de teléfono móbil, cifra que ascende ata o 70% aos 12 anos e ao 83% con 14 anos. Ademais, o 72% destes menores entre 11 e 14 anos acceden ás redes sociais.