Seis foron os proxectos finalistas nesta edición do Concurso Proyecta Innovación e máis de vinte os membros das comunidades educativas que os defenderon ante o xurado, que nesta ocasión contaba con Manu Velasco, Montse Poyatos, Carlos Magro e Ana María Martínez como panel de expertos. O proxecto premiado para facerse realidade coñecerase a mediados de xuño, pero estes docentes inspiradores xa supoñerían un revulsivo nos seus diferentes ámbitos.
Ferramentas audiovisuais, novas tecnoloxías, redes sociais, recursos docentes ou lúdicos e moitas ganas de desvincular a aprendizaxe das aulas tradicionais. Os profesores e alumnos que acudiron a este encontro InspiraTICs recolleron o seu diploma de finalistas da man dos responsables das entidades que fan posible esta iniciativa, Óscar Ortega da Fundación Amancio Ortega e Francisco Sánchez da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.
Curtas Inma do CPR O Inmaculada – La Salle (Santiago)
Contextos audiovisuais para a creatividade. Noa Ramos e Jorge Seijo, con axuda do seu profesor Javier Mur, explicaron o proceso de implementación no seu centro escolar dun concurso de curtametraxes que está en funcionamento. Tormenta de ideas, orzamentos, deseño, traballo en equipo e ferramentas de edición de vídeo que implicaron a toda a comunidade, tanto a alumnos e profesores como aos propios pais. “Somos un xerador de contextos e a partir de aí o alumno desenvólvese” indicou Mur.
EmBarouta- T: Nó sostible do CEIP de Barouta (Ames)
A natureza como aprendizaxe vital. A realidade do lixo que esconde o océano levou a este grupo de profesores de Ames a desentrañar cos seus alumnos a orixe e consencuencias deste problema ambiental. Que os máis pequenos aprendan a valorar a súa contorna como patrimonio inmaterial é un dos obxectivos do proxecto que engloba investigación, difusión e integración de alumnos en risco de exclusión social ou con necesidades específicas.
Hortus Cultus 3,0 do CEIP Balaidos (Vigo)
Estimulando a intelixencia naturalista. Os nenos deste colexio vigués crean un horto que é moito máis que iso. Primeiro foi proxecto, despois planificouse aplicando diferentes coñecementos e logo púxose unha semente “que cambiou a metología do centro” en palabras de Rubén Molinero. Medidas, pesos e tecnoloxías para crear contidos que fomenten os hábitos de vida saudables.
Mastigar e dixerir un libro: A Fraga Milmañas do CEIP Ponte dous Brozos (Arteixo)
Xogar coa literatura fronte aos seus autores. Coa educación por diante, neste colexio buscaron un proxecto que parte dun libro e traballa paralelamente cos seus autores para crear unha historia independente que engloba todas as materias. Xogar coa aprendizaxe para desentrañar un reto e adquirir competencias coa lectura é a estratexia relatada por Mónica Sanjurjo e Fernando Moreno.
Plataforma # EDUCAGRAM do IES do Castro (Vigo)
Os alumnos constrúen a súa identidade dixital. Luís Miguel Pérez ponnos fronte a escolares da xeración Z educados por ' xilenials'. Entender a realidade da nosa comunidade educativa e usar a ferramenta de Instagram para fomentar valores como o respecto á diversidade ou a igualdade de xénero.
Realiz-Arte do CPR Compañía de María (A Coruña)
O poder que nos dá a palabra. Este descubrimento fixérono os propios alumnos guiados polos seus profesores a través dun torneo de debate que integra a outros centros educativos. Os mozos estimulan a súa competencia oral e logran así que os adultos escóitenlles, como explicaron Alejandro e Cristina.
Parabéns a todos! En xuño coñeceremos ao gañador ou gañadores.
O CEIP de Barouta pretende encamiñar o centro cara a unha smartschool onde a sustentabilidade, ligada ás novas tecnoloxías, promova aprendizaxes significativas desde as capacidades e orientadas ás expectativas dos alumnos. Trátase dun proxecto de centro con todo o profesorado e alumnado implicado.
Hortus Cultus 3.0 é un proxecto no que os alumnos/ as converteranse en creadores de contidos a través de experiencias realizadas no horto escolar que ten o centro. Traballando desde distintas materias crearanse vídeos e libros, que o alumnado compartirá coa contorna; diferentes receitas feitas co que cultivaron onde non só se explicará como realizalas senón que se mostrará como foi todo o proceso de cultivo e as calidades e propiedades dos vexetais empregados.
Xorde da necesidade de contar cun espazo de reflexión e opinión no que os mozos poidan expresarse e intercambiar a súa visión da contorna, para así poder actuar sobre el e transformalo. O obxectivo é promover a comunicación, a reflexión e o espírito crítico a través dunha plataforma dixital colaborativa de debate onde se expoñerá e argumentará un tema. Coas conclusións crearase un produto artístico: un poema, un videoclip, unha canción...
Trátase dun proxecto eminentemente competencial, dirixido a toda a Primaria, que permite que o alumnado integre o currículo nunha actividade motivante como son os curtos audiovisuais. Fomenta o traballo cooperativo, o desenvolvemento da autonomía e a toma de decisións. Finalmente, intégrase o cinema como linguaxe e medio de transmisión de valores, sentimentos e emocións.
O proxecto xorde dunha cita de Sir Francis Bacon de onde procede o título do proxecto: "algúns libros son probados, outros devorados, pouquísimos masticados e dixeridos". O proxecto trata de converter un libro, A Fraga Milmañas, nun xogo cheo de retos a superar para permitir que os alumnos se acheguen á lectura mostrándolles o lado lúdico e coa finalidade de crear lectores proactivos que perduren no tempo. Trátase dun proxecto que combina ABP, gamificación e aprendizaxe móbil.
#Educagram é un proxecto educativo dixital en Instagram e con Instagram. Unha comunidade de experiencias a través de aventuras educativas en Instagram, talleres en creatividade e nova narrativa dixital impartidos polo propio alumnado. A Plataforma web contará con: escola de nais e pais, formación do profesorado e formación para un internet seguro entre o noso alumnado.