IX Encontro InspiraTICs

Os proxectos educativos máis innovadores de Galicia 2017

As posibilidades das novas tecnoloxías aplicadas aos métodos educativos parecen non ter límites nos encontros InspiraTICs. Un centenar de profesores galegos volveron reunirse nunha xornada na que se expoñían os sete traballos finalistas do IV Concurso Proyecta Innovación. E é que se hai algo que inspira aos educadores é compartir a súa experiencia e coñecer as dos seus compañeiros.

Un total de 40 traballos concorreron a este concurso e só 7 deles pasaron á final. A proba de lume era expoñer oralmente e defender ante o xurado o seu proxecto candidato. Nervios, ilusión e moita paixón falando das posibilidades do alumno protagonista, a aula investida, a gamificación, a técnica de "aprender facendo" ou a aprendizaxe colaborativa. Desde este foro está a orquestrarse un gran cambio que tenta chegar a todos os recunchos de Galicia.

A nova educación non termina na aula, senón que o coñecemento pode ademais contribuír a un fin social. Abrir a aula real a nenos de longa hospitalización, reparar cadeiras de rodas para persoas con dano cerebral ou recoller fondos para unha ONG. Os alumnos implícanse máis cando ven a aplicación práctica dun coñecemento e por iso a maioría destes proxectos recollen o elemento social. Pero tamén a implicación da familia, a contorna ou a comunidade, a realización dun banco de coñecementos que poida compartirse a través de internet ou a integración de todas as materias nun proxecto docente global.

A ferramenta común a todos os traballos é o uso de novas tecnoloxías e a gamificación. Dá igual que investiguemos a historia da nosa contorna próxima, que compartamos coñecementos para axudar a nenos hospitalizados, que deseñemos e cremos unha explotación agrícola ou que exploremos o mundo físico. Farémolo facéndonos preguntas, utilizando internet e teléfonos móbiles, maquetas e pezas, impresoras 3D, aplicacións, redes sociais e todas as armas ao noso alcance.

Os sete proxectos finalistas foron expostos polos seus autores e serán estes días avaliados por un xurado. Todos os finalistas recibiron o seu diploma da man de José Francisco Sánchez (Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre) e Óscar Ortega (Fundación Amancio Ortega). Respecto dos traballos gañadores, publicaranse a segunda semana de xuño na web.

Camporuña. Colexio Calasanz PP Escolapios (A Coruña)

A natureza próxima é a inspiración. "A realidade como marco de aprendizaxe", en palabras de Soraya Porto, é o escenario, pero converter aos alumnos en xeradores de coñecemento é o reto que se quere conseguir. Os móbiles están permitidos e axudarán a crear ecoguías.

CRE.AP.CIÓN. CEIP Viñagrande Deiro e CEP Santa Tegra (Pontevedra)

Unha comunidade de aprendizaxe. A aula presencial ábrese a través das novas tecnoloxías para acoller a nenos en longa hospitalización e illamento. Por unha banda cóbrese unha necesidade social e por outro aprendemos traballando con robótica, impresión 3D, realidade virtual e realidade adaptada.

FP Sobre ruedas. Colexio Fogar Afundación (Pontevedra)

"Aprender facendo" con compromiso social. Anxo Abalde explica con apoio de catro alumnos o seu proxecto de reparar creativamente cadeiras de rodas para a Asociación de Dano Cerebral Alento. Traballo colaborativo sobre cuestións técnicas, tecnolóxicas e emprendemento, ademais da experiencia social.

Lupo no cole. CEIP Ramón Otero Pedrayo (Ourense)

Coñecerse e aprender con arquitectura e matemáticas. Construír calquera aprendizaxe con pezas e despois pasalo ao dixital. Gemma Delgado e David Rodríguez demostran que o sistema de pezas LUPO é un bo punto de partida para calquera ensino.

Mans de Terra. A por la frambuesa! CEIP Vale Inclán (Pontevedra)

Facer crecer un proxecto desde o horto. Proxectar un horto, comprar sementes solidarias ou facelo crecer e difundirse a través dunha Raspberry Pi, tecnoloxía para integrar coñecementos e estimular o uso de novas tecnoloxías poñendo ao alumno como protagonista.

Paisaxe Vivida. 3D Galician Landscape. IES Urbano Lugrís (A Coruña)

A xeomorfoloxía e a paisaxe, xogando. E a partir disto calquera outro contido de ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas que podemos gamificar. Integra expertos da universidade e a empresa, e Xacobo de Toro defíneo co símil ?elixe a túa propia aventura?.

U-lo?. IES Audiovisual de Vigo (Pontevedra)

Unha experiencia real para un banco de contidos. Utilizar os coñecementos da formación audiovisual para crear un banco de coñecemento que rendibilice o esforzo docente. Cortés, Herbello e Díez deseñan un concurso de TV baseado en técnicas como aprender facendo, aprender ensinando e aula investida.
 

Ponentes

Clara Cordero (@AgoraAbierta)
Agora Abierta

Mestra deseñadora de experiencias de aprendizaxe. Forma docentes, coordina proxectos e xestiona comunidades de aprendizaxe especialmente de gamificación, visual thinking, competencia dixital e comunicativa. Creadora de "Agora Abierta" 

Juan de Vicente (@jdevicenteabad)
IES Miguel Catalán

Profesor e orientador no IES Miguel Catalán de Coslada. Especializado na mediación e xestión da convivencia escolar, tamén en Aprendizaxe Servizo. Autor do libro "7 Ideas Clave: Escuelas Sostenibles en Convivencia". Gañador do I Certamen Proyecta D+I.

Chema Lázaro (@lepetitpan)
NIUCO educación

Mestre, creador do blogue Pizarras Abiertas e gañador do Premio Nacional de Educación no ano 2013. Profesor en diferentes másteres de formación de profesorado sobre Neurodidáctica, Neuropsicología e dificultades de aprendizaxe. Co-fundador de NIUCO.

Garbiñe Larralde (@garbinelarralde)
Colegio Jesús María de Bilbao

Profesora de bacharelato e coordinadora TIC do centro. Formadora de docentes en Visual Thinking, metodoloxías activas e no desenvolvemento da competencia dixital. Colabora con iniciativas como EduCafé, Aulablog e Espiral.

Proxectos

CAMPORUÑA - Colexio Calasanz PP..Escolapios

Proxecto baseado no aprendizaxe-servizo no que participa todo o centro. Busca a mellora das zonas verdes e semirurales da cidade da Coruña, mentres os nenos e adolescentes descobren a maxia do contacto coa natureza e o seu coidado. Estimulación da creatividade individual e colectiva a través do uso responsable das redes sociais e novas tecnoloxías.

Finalista
U-lo? - Escola Audiovisual de Vigo (EAV)

Proxecto baseado, principalmente, en learning by doing, learning by teaching e flipped classroom, no que participarán todos os alumnos dos seus ciclos. Consiste nun programa-concurso de tv no que as probas estarán relacionadas con contidos impartidos no Centro, contará con emisión streaming, canle online e xeraranse contidos en aberto.

Finalista
LUPO en el cole. Taller infantil de arquitectura y matemáticas. - CEIP Ramón Otero Pedrayo

Proxecto baseado na aprendizaxe activa learning by doing, no que participarán todos os alumnos de primaria. Pretende desenvolver de modo lúdico e cooperativo o pensamento lóxico e creativo a través de diferentes retos. Baséase na arquitectura co xogo de bloques de construcción (LUPO), así como o deseño 3D e ferramentas dixitais para PC entre outras actividades.

Finalista
Paisaxe vivida. 3D Galician Landscape - IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños

En Paisaxe vivida. 3D Galician Landscape ideáronse procesos e metodoloxías novas como realidade aumentada, realidade virtual ou impresión 3D para acceder aos contidos curriculares de paisaxe e xeomorfoloxía. A súa posta en marcha supoñerá ademais fomentar no alumnado valores como a autonomía, a responsabilidade e a implicación. Ademais do financiamento para levalo a cabo, este proxecto obtivo un premio especial para a formación do profesorado en tecnoloxía 3D.

Ganador - Financiado ao 100% + premio extraordinario de formación
FP sobre ruedas - Colegio Hogar Afundación

O proxecto do Colexio Fogar Afundación de Vigo recuperará, adaptará e personalizará cadeiras de rodas eléctricas en colaboración coa asociación Dano Cerebral Alento. FP Sobre Ruedas é unha iniciativa que parte do alumnado e que favorece a iniciativa e o emprendemento. 

Ganador - Financiado ao 100%
Mans de Terra. A por la frambuesa!!! - CEIP Valle Inclán (O Grove)

O CEIP Valle Inclán leva xa un curso desenvolvendo Mans de Terra, e van ampliar as posibilidades do seu proxecto agora que gañaron a súa Frambuesa ;).  Raspberry Pi, a ferramenta que empregarán este ano, ademais de ser moi versátil, supoñerá un medio motivador para mellorar e ampliar a aprendizaxe dos alumnos.  

Ganador - Financiado ao 100%
CRE.AP.CIÓN 4.0 - CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO e CEP SANTA TEGRA DE TEIS

CRE.AP.CIÓN 4.0 é un proxecto de aprendizaxe servizo onde todos aprenden. A través da robótica, impresión 3D, realidade aumentada e realidade virtual buscarán compartir as súas experiencias didácticas con alumnado en réxime hospitalario ou de atención domiciliaria.

Ganador - Financiado ao 100%

Vídeo do evento