bullet

Somos espazo de aprendizaxe

A arquitectura da aprendizaxe e da creatividade - 27 de maio

Neste terceiro encontro virtual deste curso abordamos o tema do (re)deseño dos espazos educativos e que implicación ten no desenvolvemento da aprendizaxe e os procesos participativos. Así como os beneficios dun deseño de espazos que estea en sintonía co proxecto educativo, co cambio metodolóxico, coa aprendizaxe e a creatividade.

Xunto cos nosos tres relatores habituais Chema Lázaro, Siro López e Anxo Pérez, contamos coa participación de varios membros de Escola Ideo: José Canles e Ana Mangas; e do C. P. B. Santa Ana de Pedrezuela: María Castro e Leo Donoso, que compartiron ideas e aplicacións levadas a cabo nos seus centros.

A continuación podes ver o vídeo do evento:

bullet

A diversidade a escena

Integración, Comunidades de Aprendizaxe e mediación

Celebrado o sábado 17 de abril de 2021

Neste segundo encontro abordamos a temática da diversidade educativa que sitúa ao alumno como o actor principal do proceso de ensino-aprendizaxe.

Vimos como aproveitar o currículo para innovar e individualizar as aprendizaxes e a importancia das Comunidades de Aprendizaxe ( CdA) xunto todos os axentes educativos implicados nelas. Todo isto co fin de aproveitar o contexto do centro para poñer en práctica procesos de aprendizaxe e de servizos á comunidade, coñecido como o Aprendizaxe Servizo (ApS). Tamén repasamos a aplicación de diversas estratexias de estimulación temperá para compensar as desigualdades da contorna e obter así mellores resultados.

Xunto cos nosos tres relatores habituais Chema Lázaro, Siro López e Anxo Pérez, contamos coa participación de membros de Pajarillos Educa: Alberto Rodríguez ( Bertoni) ou Rita Sánchez; e do colexio Irlandesas de Madrid: Jorge Longo, Paula Fornies e Beatriz López, que compartiron as experiencias levadas a cabo nos seus centros.

A continuación podes ver o vídeo do evento:

bullet

A autonomía na aula é posible

Autorregular, avaliar e secuenciar competencias.

Sábado 27 de febreiro de 2021

Neste primeiro encontro da edición 2021, vimos como iniciar a transición activa cara á autonomía do alumnado nas aulas a través de cuestións como: a autorregulación da aprendizaxe e o seu tránsito cara á aprendizaxe baseada en proxectos; a avaliación formativa e o seu papel imprescindible para a implicación do alumnado no proceso de ensino e aprendizaxe; ou o desenvolvemento competencial nas aulas.

Ademais dos tres relatores principais: Ángel Pérez Pueyo, Chema Lázaro e Siro López, tamén contamos coa participación doutros tres profesores de tres colexios rurais de León: Óscar Casado, Hugo Medina e Raquel Fernández, que compartiron connosco as súas experiencias e aplicación na aula.

A continuación atoparás o vídeo do evento: