Neste primeiro encontro, dos tres previstos nesta edición 2021, veremos como iniciar a transición activa cara á autonomía do alumnado nas aulas a través de cuestións como: a autorregulación da aprendizaxe e o seu tránsito cara á aprendizaxe baseada en proxectos, e de como a falta desta influíu no aumento da brecha curricular durante a pandemia; a avaliación formativa e o seu papel imprescindible para a implicación do alumnado no proceso de ensino e aprendizaxe; ou o desenvolvemento competencial nas aulas, exemplificado desde as experiencias do Grupo Actitudes e o seu Proxecto INCOBA no que os contidos deixan de ter o papel preponderante para dar paso ás competencias como elemento vertebrador do proceso de aprendizaxe.
Ao longo do encontro tamén teremos a oportunidade de escoitar testemuños de docentes, alumnos e pais que nos falarán das súas experiencias con iniciativas que favorecen unha progresiva autorregulación e adquisición de autonomía no proceso de ensino e aprendizaxe nas súas aulas. Responderán a preguntas tales como: que opinan os nenos desta nova forma de traballo? como a aceptan eles e as súas familias? cales son as posibles reticencias respecto diso? que supuxo a implantación da autorregulación nun centro educativo ao completo?
Todo isto e moito máis compartirémolo convosco o 27 de febreiro a partir das 17:30 h (CET). O evento terá unha duración aproximada dunha hora seguido dun encontro virtual cos seus protagonistas.
Esperámosvos!
A través do seguinte formulario podes inscribirte no evento en liña que se emitirá en directo o día 27 de febreiro ás 17:30 h. (CET).
Uns días antes enviarémosche por e-mail toda a información de acceso.
O prazo de inscrición pecharase o día 26 ás 12:00h. (CET).