Mestra en educación primaria e coordinadora de proxectos de innovación no Ceip Val Inclán (O Grove)
O seu labor docente, implementando ABP e Aprendizaxe Cooperativa na aula ofrecéndolles ás súas alumn@s a oportunidade de ser, estar e facer; compaxínaa coa formación do profesorado en metodoloxías activas nos centros de Pontevedra e Lalín.
Mencionamos algúns proxectos que coordinou; “Vivir tocando o mar” premiado pola Consellería de Educación, e “Mans de terra: A por la frambuesa”, premiado por Proyecta.
Unha das gañadoras do IV Concurso Proyecta Innovación.