Carlos Magro

Estudou física teórica na UCM e historia moderna e contemporánea na UAM. Actualmente traballa como consultor independente en estratexia dixital e comunicación corporativa no sector educativo.

Colabora no deseño e implementación da metodoloxía Mobile Learning nos programas de posgrao e executive de EOI (Escola de Organización Industrial).

Ademais, é Presidente da Asociación Educación Abierta, un espazo de relación e debate ao redor da transformación educativa que promove a creación dun sistema educativo personalizado, colaborativo e que integre as oportunidades que brindan as novas tecnoloxías e os avances científicos no ámbito da aprendizaxe. É o autor de varios blogues sobre educación, innovación e tendencias tecnolóxicas:

 

Colaborou...

Como ponente no XV Encontro inspiraTICs: "Avaliación e desenvolvemento creativo na aula" (29/05/2019).

Como ponente no XIV Encontro InspiraTICs, en Vigo (13/03/2019).

Como ponente no XIII Encontro inspiraTICs, en A Coruña (24/10/2018).

Como ponente no XII Encontro InspiraTICs , en Arteixo (23/05/2018).

Como xurado no V Concurso Proyecta Innovación (01/01/2017).