V Encontro inspiraTICs: a emoción de ensinar e de aprender

V Encontro inspiraTICs: a emoción de ensinar e de aprender

O vindeiro xoves 18 de febreiro, celebraremos unha nova edición destes encontros para profesores cuxo número de asistentes non deixou de incrementarse desde a súa creación. Neste V Encontro inspiraTICs, os contidos foron deseñados a partir das suxestións dos participantes en anteriores citas. Desde hoxe podedes inscribirvos no encontro e seleccionar as sesións ás que queirades asistir.

Neste V Encontro inspiraTICs abordaremos as seguintes cuestións: as pedagoxías activas para facer ao alumno protagonista da aprendizaxe, o ABP (Aprendizaxe Baseada en Proxectos) e a súa aplicación na aula, o mobile learning como ruptura dos límites da aprendizaxe, e a intelixencia emocional como ferramenta para coñecer nosas propias capacidades e as da aula.