Agora que se empeza a poñer de moda a Realidade Virtual en educación é importante aclarar os conceptos. Observamos certa confusión entre ambos, e non é para menos, pero en realidade a diferenza é moi sinxela:
Realidade Aumentada: proporciona novas formas de interactuar coa contorna.
O mundo dixital móstrase na túa pantalla, os elementos físicos e tanxibles combínanse con elementos virtuais. En definitiva; unha fusión do mudo real e virtual.
Non se necesita máis nada que un dispositivo (smartphone ou tablet) que fusione ambas capas. Moitas veces tamén son necesarias unha especie de tarxeta cun QR que decodifican o elemento que imos visualizar.
Realidade Virtual: protagonista dun novo mundo.
O que ves convértese no teu mundo, un mundo completamente virtual. O mundo real desaparece por completo e, a través dunhas lentes, entras noutra realidade e convérteste en protagonista desa contorna.
Aquí podes descargarte as instrucións para fabricar as túas propias lentes de Realidade Virtual.
E aquí podes descargarte a aplicación que necesitas para que funcionen.
Nesta infografía podes profundar sobre as diferenzas entre ambos os conceptos: