O xurado tívoo complicado, o nivel era moi alto, pero finalmente fallou destacando catro proxectos gañadores desta edición:
"Paisaxe vivida. 3D Galician Landscape", do IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños, A Coruña.
"Mans de terra. A por la Frambuesa!" do CEIP Vale Inclán de O Grove.
"CRE.AP.CION 4.0" do CEIP de Viñagrande de Deiro e do CEP Santa Tegra de Teis.
"FP sobre ruedas" do Colexio Fogar Afundación de Vigo.
Todos eles recibirán o 100% do financiamento solicitado.
IES URBANO LUGRÍS:
En "Paisaxe vivida. 3D Galician Landscape" ideáronse procesos e metodoloxías novas como realidade aumentada, realidade virtual ou impresión 3D para acceder aos contidos curriculares de paisaxe e xeomorfoloxía. A súa posta enmarcha supoñerá ademais fomentar no alumnado valores como a autonomía, a responsabilidade e a implicación.
Ademais do financiamento para levalo a cabo, este proxecto obtivo un premio especial para a formación do profesorado en tecnoloxía 3D.
Aquí podes ver a presentación do proxecto no IX Encontro InspirTICs:
CEIP VALLE-INCLÁN:
O CEIP Valle Inclán leva xa un curso desenvolvendo Mans de Terra, e van ampliar as posibilidades do seu proxecto agora que gañaron a súa Frambuesa ;). Raspberry Pi, a ferramenta que empregarán este ano, ademais de ser moi versátil, supoñerá un medio motivador para mellorar e ampliar a aprendizaxe dos alumnos.
Aquí Antía, Luis, Iñaki e Laura defendendo a sua idea:
CEIP DE VIÑAGRANDE y CEP SANTA TEGRA:
En canto a CRE.AP.CIÓN 4.0, é un proxecto de aprendizaxe servizo onde todos aprenden. A través da robótica, impresión 3D, realidade aumentada e realidade virtual buscarán compartir as súas experiencias didácticas con alumnado en réxime hospitalario ou de atención domiciliaria.
Aquí podes ver a sua presentación:
COLEXIO HOGAR AFUNDACIÓN:
Por último, o proxecto do Colexio Fogar Afundación de Vigo recuperará, adaptará e personalizará cadeiras de rodas eléctricas en colaboración coa asociación Dano Cerebral Alento. "FP Sobre Ruedas" é unha iniciativa que parte do alumnado e que favorece a iniciativa e o emprendemento.
Parabén a todos!
Aquí, no noso blogue, iremos publicando a evolución destes catro proxectos durante o curso.