IV Encontro inspiraTICs + Entrega de Premios II Concurso Proyecta Innovación

IV Encontro inspiraTICs + Entrega de Premios II Concurso Proyecta Innovación

O vindeiro xoves 19 de novembro celebraremos a cuarta edición dos encontros inspiraTICs. Un foro que se expón, igual que en anteriores edicións, como un punto de encontro para profesionais do ensino que comparten a inquietude por atopar novas vías para a docencia e a aprendizaxe.

Un foro para profesores no que abordaremos o presente e o futuro da educación con exemplos e aplicacións prácticas de metodoloxías e modelos actuais que empregan a tecnoloxía para favorecer a aprendizaxe. Cun relatorio inicial e un coloquio e mesa redonda posteriores, falaremos sobre estes novos modelos desde a perspectiva das aulas e centros educativos coa participación de expertos en educación e novas tecnoloxías e do público asistente. Finalizaremos coa entraga dos merecidos Premios aos proxectos gañadores do II Concurso Proyecta Innovación.

Anímache e participa no IV Encontro inspiraTICs!