III Encontro inspiraTICs: Proxectos innovadores dende as aulas galegas

III Encontro inspiraTICs: Proxectos innovadores dende as aulas galegas

O III Encontro InspiraTICs, que se celebrará o 28 de maio, será o foro no que se expoñan e defendan os proxectos finalistas no II Concurso Proyecta Innovación. E este encontro supoñerá, ao mesmo tempo, unha oportunidade para todos os profesores que queiran asistir para: coñecer experiencias e iniciativas que se desenvolven nas aulas doutros centros educativos de Galicia, compartir a inspiración doutros docentes no traballo cos seus alumnos, e comprobar que tipo de iniciativas se poden presentar ao noso concurso para animarse a tomar parte en próximas edicións.