Gañadores do II Concurso Proyecta Innovación

Gañadores do II Concurso Proyecta Innovación

Presentámosvos aos gañadores do II Concurso Proyecta Innovación!

Tras a defensa dos 10 proxectos finalistas no III Encontro InspiraTICs do pasado 28 de maio e tomando como referencia os criterios de valoración que constan nas bases do certame, o xurado decidiu premiar a 6 dos proxectos coas seguintes contías:

  • "MakerSchool", do IES de Meaño, con 8.000 €
  • "Aula 2020", do IES David Buján, con 4.000 €.
  • "Aprende coas mans!", do CPI Alcalde Xosé Pichel, con 2.000 €.
  • "Asibot", do IESP Fontem Albei, con 2.000 €.
  • "Gamificación e programación de videoxogos", do CEIP Ponte dos Brozos, con 2.000 €
  • "Maristápolis", do Colexio Marista Cristo Rey, con 2.000 €.

Podes ampliar a información sobre os gañadores e a composición do xurado.

Dende a dirección da Plataforma Proyecta aproveitamos para facer chegar o noso agradecemento a todos os centros educativos que participaron no II Concurso Proyecta Innovación. Esperámosvos na próxima edición!