O pasado 26 de outubro, ao finalizar o X Encontro InspiraTICs para profesores "Reflexiones sobre innovación", os directores de ambas as Fundacións entregaron os premios aos catro proxectos gañadores do IV Concurso Proyecta Innovación.
Xacobo de Toro, imitando a Nadal, recolleu o premio ao proxecto "Paisaxe vivida. 3D Galician Landscape", do IES Urbano Lugrís de Malpica.
Laura Lorenzo e máis os seus compañeiros de o do CEIP Vale Inclán do Grove, tamén subiron a recoller o seu premio polo proxecto "Mans de terra. A por a frambuesa!"
"CRE.AP.CIÓN 4.0" o proxecto multicentro que pretende crear contidos para unha aula hospitalaria, tamén obtivo o seu recoñecemento. Subiron Serxio Rosales, Javier García (CEIP Viñagrande de Deiro) e Manel Rives (CEP Santa Tegra de Teis).
Ángel Abalde, o profesor responsabel do proxecto “FP sobre ruedas” del Colegio Hogar Afundación de Vigo,do Colexio Fogar Afundación de Vigo, tamén subiu a por o seu merecido recoñecemento.
Parabéns!
Todos eles están a avanzar xa os seus proxectos. No blogue iremos contando a súa evolución.
E para todos aqueles profesores galegos que teñan entre mans proxectos educativos innovadores, que sabemos que son moitos, convidámosvos a participar o a quinta edición deste concurso, que se abrirá a finais de ano.
Máis información: aquí