No #InspiraTICs7 do pasado 27 de outubro pedímoslles aos profesores que deixasen os seus consellos para o profesor do futuro.
Aquí podedes ver unha recompilación, que en realidade tamén son aplicables ao presente:
- Os alumnos son o primeiro, antes que os contidos e a programación. Ponte no seu lugar e pensa se che gustaría ter un profesor así co que estás a facer e transmitindo.
- Que continúes aprendendo do teu mellor libro "o teu alumno".
- Mantén as ganas e ilusión por provocar emocións aos teus alumnos. Provócalles cada día, inspíralles e acompáñaos no seu paso pola escola.
- Non te volvas tolo e segue tendo ilusión.
- Colaboración entre todos. Aprender uns doutros. Non pecharnos nas nosas experiencias. Ver máis aló.
- Ánimo! Isto é fermoso, emocionante. Algo novo cada día.
- Procura constante e saber que para innovar non se necesitan cousas (medios tecnolóxicos, necesariamente), senón poñer en común inquietudes e creatividade.
- Rompe con esquemas preestablecidos. Líbrate de ataduras. Abre a aula ao exterior.
- Pescuda o que lle interesa aos teus alumnos. Ensínalles a aprender facendo. Ensínalles que todo é posible, que depende deles.
- Entra en clase todos os días con ilusión e non a perdas nunca.
- Tentar facelo mellor!
- Apaixónate polo que fas. Goza cada día. Emociónache, divírtete, ... e así o farán os teus alumnos/as. Sorte!
- Debemos ser profes: sen medo, con ferramentas do século XXI, sen presións curriculares, con máis liberdade para probar e moita risa, diversión, ...
- Se feliz co que fas. Se feliz ensinando
- Nunca perdas a ilusión. Escoita aos teus alumnos. Sorrí!
- Emocionarte. Lanzarte a seguir o teu obxectivo. Que os alumnos e alumnas o pasen ben no cole.
- Cambia o "chip". Manifesta interese. Soña e traballa polo soño.
- Involúcrate, se feliz e fai felices aos teus alumnos/as.
- Conta cos outros profesores. Non teñas medo a cambiar. Sei ousado/atrevido. Soña. Apaixónate cos alumnos. Con pouco faise moito. Mira fóra.
- Nunca deixes de aprender, emocionarte e valorarte.
- Ama o que fas.
- Non te rendas, crea, comparte, innova... e sobre todo non te rendas. Hai dificultades no camiño, sáltaas.
- Cárgate de paciencia e de ilusión! Loita polo que crees e goza desta estupenda profesión.