Como conseguir que os nosos alumnos traballen de forma autónoma

Como conseguir que os nosos alumnos traballen de forma autónoma

Na súa transición de encontro presencial a dixital, o primeiro Inspiratics do 2021 volvía bater récords de asistencia con centenares de rexistrados entre docentes ou educadores de diferentes lugares.

Presentado por Chema Lázaro, con Siro López e Ángel Pérez Pueyo, pasouse á exposición dunha importante experiencia baseada no funcionamento de varios CRA (Colexio Rural Agrupado). O seu profesorado, directivos, alumnos ou pais, relataron como foi a transición cara a unha metodoloxía de aprendizaxe diferente.


Ponentes_principales.png

Autorregulación en aulas con diversidade

Uno dos retos destes colexios, é precisamente o contar con alumnos de diferentes idades nunha mesma aula, polo que o profesor debe atender ás necesidades e ritmos educativos de cada alumno. “Falaremos do modelo MITAA, de transición activa cara á autonomía que integra a autorregulación do proceso de aprendizaxe, a implicación dos alumnos e o desenvolvemento de competencias”, explicaba Pérez ao comezo da xornada, “na escola rural está a levarse a cabo unha auténtica revolución”.

Arrincar co cambio

Óscar Casado falounos de como o cambio a este modelo facilita que os alumnos aproveiten mellor o tempo de clase, “vai reducir o tempo de explicación e ademais a carga de deberes será menor”, indicaba. “Empezamos a facer un plan de traballo, tanto das actividades do libro como doutras máis divertidas, cunha temporalización”, explica Casado. Os alumnos empezan por ser conscientes da cantidade de traballo que poden facer nunha hora.

Abandonar os libros

Desde o seu centro, Hugo Medina, indica como esta metodoloxía vai facendo que o libro de texto quede nun segundo plano. Pola súa banda, Raquel Fernández, indicou como se integra o espazo exterior no proxecto educativo. Os alumnos deseñan un roteiro, investigan, e aprenden no seu propio escenario. A avaliación ten tamén o seu papel neste procedemento, e intégrase no mesmo resultando máis individualizada, o profesor ten máis tempo mentres os nenos realizan o seu traballo, para prestar atención a cada un. “Damos pautas de traballo para que o alumno teña claro que se vai a avaliar, facémoslle consciente do que queremos de el”, explicou Medina.

Cara á aprendizaxe por proxectos

Hugo, Raquel e Óscar van entrando en materia para detallar como foron eses primeiros tempos de transición. Os resultados non son inmediatos, chegan tras meses de traballo. “O profesor pasa a ser un facilitador , axuda a alguén no momento en que o necesita, pero son eles os que realmente xeran a súa liña de traballo”, así o expresaba Ángel Pérez.

Raquel Fernández considera importante coñecer cales son os ritmos de aprendizaxe e intereses do seu alumnado para integralos nun proxecto común. “É vital estar coordinados con outros profesores porque moitas veces esta metología implica cambio de horarios”, lembra a docente.

Casado explicou paso a paso como arrincou o seu proxecto, de maneira progresiva. Introdúcense cambios asegurando que non queda ninguén no camiño. Cando o dominan a nivel individual, empézase co traballo por parellas, planificando e negociando, e posteriormente en grupo, potenciando a resolución de conflitos e a autonomía.

Ao final este cambio queda patente noutros ámbitos da vida do neno. Viuse co confinamento, onde estes alumnos eran capaces de seguir traballando de maneira autónoma. En opinión dos pais o cambio nótase tamén en casa, onde seguen organizando as súas tarefas e reclaman menos atención.

Profesores_invitados.png

Experiencias e consultas caso a caso

No afterwork posterior atopamos salas de intercambio de experiencias cos propios relatores. Os asistentes preguntaron acerca de como aplicar este sistema en infantil, ou sobre a súa incorporación ao curriculo. Do mesmo xeito os expertos desvelaron estratexias concretas e exemplos como o ditado por parellas, ou acerca da motivación para involucrar a todo o profesorado.

Espacio_general(1).JPG

Podes ver a grabación do directo aquí: